Axenda eleitoral para o 11 de maio

BNG

11.00 horas. Encontro en Vilagarcía coa Asociación de Loita contra o Narcotráfico. 12 horas, tamén en Vilagarcía, no Auditorio Municipal, reunión con traballadoras e traballadores de ambulancias para analizaren a situación sanitaria na zona.

O mitin central do Bloque será, ás 20.30 horas, en As Pontes, no -Auditorio Alovi.

PP

18 h. Feijóo, en Ferrol, intervén ante os meios no Parador de Turismo, canda o candidato, José Manuel Rey Varela.

Feijóo dá un mítin (20 horas en Mugardos) e, unha hora despois, ten unha reunión con empresarios en Betanzos.

PSdeG-PSOE

11.45 horas. O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, fará un tramo do Camiño de Santiago canda candidatas e candidatos da comarca. 14.30 horas, participa nunha comida mitin en Chantada, no Restaurante Mogay.

O mitin central do PSOE será, ás 21 horas, en Monforte, no restaurante Don Manuel.

Mareas

20 h. O candidato de Ourense en Común Miguel Doval mantén un encontro con veciñas e veciños de Seixalvo, na praza maior do mesmo nome.

20 h. Mitin da Marea Atlántica na Coruña no Colexio Alborada (2ª fase do polígono de Elviña), con Xulio Ferreiro.

Comentarios