Axenda para o 14 de maio

BNG

11.30h. Xavier Vence acompañará o candidato á alcaldía de Compostela, Rubén Cela, á feira cabalar de Amio. 

O mítin central da organización frontista será en Ourense, no centro José Ángel Valente, no que participará o voceiro nacional e a candidata á alcaldía, Susana García, e outras persoas que integran a candidatura. 

PP

12.00h. Alberto Núñez Feijóo percorrerá o treito entre a Praza do Obradoiro e a Alameda acompañado de Agustín Hernández. 
Pola tarde, após xantar en Ourense, o presidente do Partido Popular e da Xunta de Galiza acudirá a un acto sectorial en Vigo e, ao serán, estará nos mitins de Tomiño e Tui. 

PSdeG

13.00h. José Ramón Gómez Besteiro paseará co candidato á alcaldía, Paco Reyes, pola cidade con saída da Porta Faxeira. Pola tarde acudirá a Carballo e rematará a xornada en Culleredo co voceiro do PSOE no Congreso español, Antonio Hernando, ás 20.30h. 

COMPROMISO POR GALICIA

11.00h. Xoán Báscuas acudirá a Ponteareas onde participará nun reparto de material electoral xunto con Sandra Araúxo, candidata. Á 13h estará no Porriño con Javier Hermida, candidato nesta localidade. 

MARÉS

12.00h. A vice-voceira de AGE, Yolanda Díaz acudirá a Baiona á presentación da candidatura local. Ás 20h acompañará a Rubén Pérez, candidato á alcaldía pola Marea Vigo. 

Comentarios