Liberan Pablo Costas e a tripulación do 'Cobija', retido no Iemen
Os galegos na liberación de París
Non hai liberación sen suxeito transformador
As clases dominantes sono, tanto porque teñen o poder económico, como porque isto lles permite exercer a hexemonía sobre a información, a cultura de masas e as institucións políticas
Otegi pide desde prisión o apoio para EH Bildu para pular ''pola liberación nacional''
A través dunha carta desde o cárcere de Logrono o líder abertzale solicitou á cidadanía que apoie as candidaturas de EH Bildu este domingo para "situar Euskal Herria no centro principal das preocupacións das elites económicas e políticas do Estado español".
Homenaxe ao home que tiña fe na liberación nacional
O día 29 de novembro o historiador e teólogo Francisco Carballo morría en Salamanca. Hoxe, sábado día 27 ás 17 horas, réndeselle homenaxe no concello de Maceda.
O BNG estreita lazos co movemento para a liberación de Palestina
Representantes da organización frontista reuníronse con Yamir Kasem, membro do comité central da Fronte Democrática de Liberación de Palestina (FDLP).
Sociedade, conciencia e liberación nacional
Permítame o/a leitor/a que, antes de publicar a segunda parte propositiva do artigo publicado neste mesmo dixital o pasado 3 de xuño 1 encol dos retos que implicaban os resultados das Eleccións Europeas, faga algunhas breves consideracións previas encol da caracterización da sociedade galega, as súas tendencias, e como se forma a conciencia.
Non hai liberación sen folla de ruta
Dende a caída do chamado socialismo real, co avance da globalización neoliberal e do pensamento único, houbo un recuar evidente das clases populares, da soberanía das nacións e da democracia. Todo en beneficio da concentración e centralización da riqueza e do poder nos grandes grupos económicos e fortunas.
Helena Miguélez: “O estereotipo da Galiza sentimental nace para impedir a liberación nacional”
En Galicia, a Sentimental Nation: Gender, Culture, Politics, (University of Waler Press), Helena Miguélez traza o itinerario da construción dun dos estereotipos centrais da identidade galega, a que conceptualiza un país sentimental con sinais propios, como a saudade, o lirismo e a dozura.
Deputado do PP galego afirma que a liberación dun violador reincidente “é unha boa nova para os comunistas”
O parlamentar na Cámara galega Javier Dorado carga nas redes sociais contra a sentenza do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos que tomba a Doutrina Parot.
Otegi, a favor dunha estratexia de liberación que "non dependa de ninguén que non sexa o noso propio pobo"
O líder da esquerda abertzale concede desde o cárcere unha entrevista en que afirma de maneira taxativa que o proceso de resolución do conflito vasco "non existe porque non existe vontade dos estados --español e francés-- de nos respectar como nación con dereito a decidirmos libre e democraticamente sobre o noso futuro".
Moncho Reboiras, vontade de liberación
O 12 de agosto de 1975 voltaba dunha reunión en Lugo, no coche de liña que une esta cidade con Compostela, cando na parada de Palas de Rei dúas persoas de civil subiron e un deles dirixíndose a min, que estaba nun asento ao fundo do vehículo, pediume o documento de identidade. Fun o único ao que se lle esixiu, nun bus que ía ateigado de xente. Despois de darllo foise. Ollei para a beirarrúa, alí estaban varios gardas civís falando con algúns que parecían secretas. A persoa que estaba no asento do lado mudouse de lugar. Aos quince minutos voltou o secreta que me pedira a documentación e devolveuma; non me deu ningunha explicación. O bus continuou o seu percorrido a Compostela.
O TC admite o recurso de Otegi e os outros catro de Beteragune e abre a esperanza á súa liberación
O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso de Arnaldo Otegi e @s outr@s catro encausad@s no caso Betegarune contra a sentenza do Supremo que os condenou a seis anos de prisión. Xermola así a posibilidade de que est@s militantes abertzales, pres@s desde 2009, sexan postos en liberdade.