Otegi pide desde prisión o apoio para EH Bildu para pular ''pola liberación nacional''

A través dunha carta desde o cárcere de Logrono o líder abertzale solicitou á cidadanía que apoie as candidaturas de EH Bildu este domingo para "situar Euskal Herria no centro principal das preocupacións das elites económicas e políticas do Estado español".

Otegi
photo_camera Otegi

Arnaldo Otegi pediu o voto este domingo para EH Bildu. O lider independentista e secretario xeral de Sortu, partido que fai parte da coligazón EH Bildu, non pediu, porén, o voto nun mitin ou nunha rolda de impresa ou nun acto electoral nun barrio ou vila vasca, como lembra o editorial do Naiz. Fíxoo desde a prisión de Logroño, onde Otegi leva preso máis de 5 anos. Mediante unha carta difundida desde  cárcere pide o apoio da cidadanía para "dar un novo pulo cualitativo" no proceso "de liberaciòn nacional e social de Euskal Herria".

Lembra o líder abertzale o "grande éxito" que as candidaturas da esquerda abertzale obtiveron nas urnas nas anteriores municipais, atinxindo máis de cen alcaldías. Otegi fai balanzo destes catro anos e incide en que se produciron "grandes avanzos" mais recoñece que se debe de ter "a humildade revolucionaria de recoñecer algúns retrocesos". Algo que, di, "é normal", engadindo que "se alguén pensa que os procesos de liberación son lieais, sinxelamente non coñece a historia".

Cambio do escenario político

Na carta afirma que EH Bildu foi quen de mudar "radicalmente" a situación política vasca e por iso cre que "agora toca asentar o avanzado, recuperar o tempo perdido e retomar a iniciativa en termos estratéxicos para situar Euskal Herria no centro principal das preocupacións das elites económicas e políticas do Estado español".

"É hora e é agora o momento de mirar os ollos aos inimigos da paz, a liberdade e a igualdade e dicirlles alto e claro: somos independentistas, socialistas e como vascos non imos pedirvos permiso nin imos para até atinxir os nosos obxectivos".

Comentarios