Desde onte e até hoxe o concello de Monterroso (A Ulloa) festexa a diversidade coa Romaría-Festival Agrocuir. Un proxecto que visibiliza as disidencias dentro do rural galego e festexa a liberdade a través dunha programación inclusiva e interdisciplinar. Todo isto nunha edición marcada pola procura de volver ás orixes e consolidar a sostibilidade da festa.
Após quedar fóra da Lei trans, o colectivo de persoas non binarias mantén o pulso para lograr a inclusión da terceira casa nos documentos de identidade oficiais. Na Galiza, o colectivo O Un por Cento levou ás rúas da Coruña unha demanda que busca mudar os modelos de rexistro e favorecer o seu recoñecemento.
A ría de Arousa acolle hoxe unha navegación en kaiak da man da asociación LGBT+ Facendo Camiño. A entidade procura a creación de espazos seguros para que todas as persoas poidan desfrutar do deporte e encontrar un lugar de reunión para compartir dunha forma saudábel. Desde voleibol até escalada e sendeirismo, Facendo Camiño constrúe un espazo aberto á sociedade.
O caderno de verán Máis, que acompaña Nós Diario, achega desde esta terza feira ao sábado o relato inédito Trini que Eva Mejuto escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, Mejuto relata a vida da activista LGBT+ Trinidad Falcés nun relato de estilo monologal que nace a través da transformación emocional dunha serie de entrevistas.
Arelas e outros colectivos do Estado publican un manifesto no que cargan duramente contra as "declaracións de desprezo e deshumanizantes" de Raxoi e as "ameazas" de Feixoo de derrogar a Lei trans.
O bico de dúas mulleres, a memoria da represión falanxista, as reivindicacións feministas ou o uso da lingua asturiana semellan motivos suficientes para a ultradereita vetar eventos culturais nos municipios españois nos que vén de acceder ao goberno da man do PP.