A brasileira 'Um caroço de Abacate', premio Marieta do II Norte Cinema Diverso da Coruña

Nesta edición, o certame contou con 14 curtametraxes, entre elas a gañadora que, ademais, figurou na lista de 15 precandidatas ao Oscar 2024.
Roberto Pérez Toledo, Gaya de Medeiros e Miguel Canalejo recollendo os premios (Foto: Nós Diario).
photo_camera Roberto Pérez Toledo, Gaya de Medeiros e Miguel Canalejo recollendo os premios (Foto: Nós Diario).

A segunda edición do festival Norte Cinema Diverso rematou este sábado coa entrega do premio Marieta á mellor das 14 curtametraxes presentadas ao certame.

O xurado, formado por membros do colectivo LGTBIQ+, xornalistas, representantes da Academia Galega do Audiovisual e do sector cultural da cidade, decidiu outorgar o zoco da diversidade realizado por Elena Ferro á curtametraxe portuguesa Um caroço de Abacate ”por presentar unha historia que engancha desde o principio, cunha calidade técnica e actoral inmellorábel.”

Un caroço de Abacate é unha película portuguesa que narra o encontro, unha noite en Lisboa, entre unha muller trans e un home cis. O seu  director é Ary Zara e está protagonizado pola actriz trans Gaya de Medeiros e o actor Ivo Canelas. Figurou na lista de 15 precandidatas ao Oscar 2024 á mellor curtametraxe.

Ademáis, o xurado do premio Marieta, patrocinado polas adegas Martin Codax, concedeu dúas mencións especiais a Antes de la Erupción, del director canario Roberto Pérez Toledo, “por presentar unha curtametraxe bonita e moi ben tratada, cunha sensibilidade especial que traspasa da pantalla ao espectador” e a O coidado, do coruñés Miguel Canalejo, recoñecida “pola sua orixinalidade, con moi boas actuacións e técnicamente impecable.”

O II Norte Cinema Diverso, organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, despediu tres días de proxeccións no Teatro Colón nos que se pudieron ver catro longametraxes e 14 curtametraxes.

Comentarios