Bernardo Máiz
30/xul./21 14:14
Sempre intuín que Bello Piñeiro, quen mesmo bébedo seguía sendo don Felipe, non era só un excelente pintor. Hoxe sei que virtudes e defectos de Felipe Bello agacharon a súa personalidade polifacética, inmensa e variada cultura, notábel capacidade organizativa e o que veño tratar aquí, o seu activismo e sentimento galeguista sempre presente, recollendo pictoricamente as paisaxes da Galiza, e nese afán persistiu até a súa morte: "Amando ó meu país escoito a voz da sangre e pinto polo seu mandato. Eu nunca estiven equivocado no meu amor á terra". (Bello Piñeiro, 1951).