Imaxinario e identidade

Para coñecermos o imaxinario popular dun pobo é necesario mergullarse, observar e estudar as súas manifestacións e expresións culturais dun modo transversal. Desde o pensamento máxico, esa mestura do racional e imaxinario, do real e o sobrenatural que caracterizan os rituais, até as narrativas tradicionais sobre mouros, mouras, encantos, tesouros e seres máxicos... toda unha mitoloxía popular que non fai máis que enriquecer a cultura e identidades dun pobo, desde a propia xeografía, palpábel, até a figura da máxica Santa Compaña, do marabilloso. E é que todo isto non é máis que a procura incansábel, o instinto que persegue o pobo porque "precisamos crer, imaxinar, soñar" lugares de encontro.
O Dolmen do Forno dos Mouros atópase na serra do Bocelo, parroquia de Paradela (Toques). (Foto: Antonio Reigosa).
photo_camera O Dolmen do Forno dos Mouros atópase na serra do Bocelo, parroquia de Paradela (Toques). (Foto: Antonio Reigosa).
Aínda que pareza un contrasentido, non resulta doado extraer aspectos identitarios específicos —pero ímolo intentar— da cultura popular galega porque o substrato é unha especie de magma compartido…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios