SOCIAL
028, o novo teléfono de atención a casos de LGBTIfobia
01/out./23
O servizo de asistencia telefónica 028 Arco da Vella entra esta segunda feira en funcionamento. É totalmente gratuíto e confidencial.
As agresións, ataques ou ameazas motivadas pola orientación sexual ou identidade de xénero da vítima representan xa case un de cada tres delitos de odio rexistrados na Galiza nos últimos anos. E as denuncias son, lembran as expertas, apenas a punta do iceberg dos ataques que realmente se producen.
A pasada sexta feira, un integrante da asociación polos dereitos LGTBI Avante sufriu unha presunta agresión “homofóbica e gordofóbica” en Santiago de Compostela. Así o denuncia en Nós Diario, que recolle o seu testemuño.