fechamento

Comarcas

A mobilización evita o fechamento de camas no hospital de Conxo

A área de Psiquiatría contará coas 15 camas que a Xerencia da área sanitaria de Compostela prevía desmantelar no verán.

INTERNACIONAL

O xuíz propón o feche do caso Couso

Santiago Pedraz sinala que o fin da xustiza universal impide continuar adiante embora existiren "indicios racionais" de que os militares estadounidenses procesados "serían autores dos delitos sinalados" no caso.

DEPORTES

Antiviolencia propón o feche parcial do Benito Villamarín polos cánticos machistas

A comisión amosou o seu "rexeitamento máis absoluto" polas cancións escoitadas nos últimos dous encontros do Betis e instou a RFEF a fechar o campo "de forma parcial". 

Alcoa
Galiza

Milleiros de persoas maniféstanse na Coruña contra o peche de Alcoa

Coa mirada posta na poxa que se desenvolverá a vindeira semana, milleiros de persoas percorreron as rúas da Coruña en manifestación contra o peche de Alcoa. 

Meixonfrío
Galiza

O PP bate contra os sindicatos para xustificar o desmantelamento de camas hospitalarias

O voceiro popular de Sanidade, Aurelio Núñez, asegurou en Comisión parlamentar que o peche de 1.200 camas durante 4 meses foi un acordo aceptado polas centrais sindicais "a cambio das vacacións de verán". CIG e CC.OO acusan o PP de "mentir". 

HospitalDaCosta
SOCIAL

Deitad@s contra o fechamento de camas e a privatización da sanidade

Continúan as mobilizacións contra a decisión da Xunta de desmantelar un total de 1.200 camas hospitalarias durante os catro meses do período vacacional. Vídeo no interior.

Protesto ás portas de Extel [Foto: CIG]
TRABALLO

Peche sindical para chamar a unha folga masiva en Extel

Un grupo de sindicalistas ocuparon simbólicamente o edificio no que ten as dependencias a empresa. CIG, CCOO e UGT convocaron folga de 24h no centro de chamadas contra os despedimentos e en demanda dunhas condicións laborais dignas.

camassergas3
TRABALLO

O persoal sanitario revólvese contra o peche de 1.200 camas hospitalarias

CIG, CCOO, UXT, CESM-Omega, CSIF e SAE convocan mobilizacións para este mes de maio e denuncian que son en realidade 60.000 as persoas á espera de atención sanitaria

14-02-12 CIG-Servizos Estacion de Autobuses 002.grande
TRABALLO

Remata o fechamento na cafetaría da estación de Compostela coa subrogación dos traballadores

Os operarios da cafetaría situada na estación de autocarros da capital galega puxeron fin a perto dun mes de loita polos seus postos de traballo. O persoal será subrogado após finalizar o concurso público da nova concesión.

Centro Dolcevita
Galiza

A Coruña rexistra o primeiro peche dun centro comercial

O centro comercial Dolce Vita da Coruña pecha as súas portas cinco anos despois de abrir ao público máis de sesenta mil metros cadrados de uso comercial con case douscentos establecementos. 

ECONOMÍA

Unha de cada dez empresas do naval tiveron que botar o peche en 2013

O 2013 marchou deixando una destrución do 15% do emprego relacionado coa industria naval e a perda do 10% das empresas do sector, segundo os dados da propia patronal.

filosofia
SOCIAL

Encerramento na USC contra o varrido da filosofía das aulas

O estudantado de Grao denuncian o desmantelamento da disciplina que supón a LOMCE e as "agresións" que contra ela carrexaron todas as reformas educativas.

carnota
SOCIAL

A Xunta ordena o peche do centro de día de Carnota após vulnerar un convenio que expira en 2015

O Concello denunciou o consorcio de Benestar pola decisión de transladar este servizo a Muros sen aparente razón obxectiva. Era a única instalación pública destas características entre Cabana de Bergantiños e a Serra de Outes.

ateak
Euskal Herria

Audiencia Nacional española volve ordenar o peche dun medio vasco, desta volta Ateak Ireki

O tribunal español relaciona este proxecto xornalístico con raíz en Nafarroa co movemento anti-represivo Herrira, polo que decreta a súa clausura. A decisión da Audiencia trae á memoria os peches de Egin e Euskaldunon Egunkaria.

Eu non manipulo
SOCIAL

Acusan a La Voz de ''desprestixiar'' a CRTVG na procura de ''sacar tallada'' dun posíbel peche

Traballador@s do ente público critican o tratamento no medio privado de todo o relaciona co coa canle pública, máis a raíz do peche de Canal 9. “Falacias” e mentiras”, afirman, para se aproveitar dunha “caída en desgracia” ou mesmo peche da TVG”.

Imaxe: @XoseSomoza
ECONOMÍA

O plantel de T-Solar pon fin ao feche e leva as súas reivindicacións á rúa

Após 4 meses de feche nas instalacións da empresa e dunha demanda civil por ocupación ilexítima, o plantel de traballadoras e traballadores de T-Solar abandonou a factoría e enceta unha nova etapa nas súas reivindicacións. 

concentracion_crtvg
SOCIAL

Traballador@s da CRTVG ven no feche de Canal 9 un ''atentado'' contra a información

Concentráronse esta quinta feira 7 de novembro nas instalacións da compañía "en solidariedade" coas e os profesionais da televisión valenciá e "en defensa" dos medios de comunicación públicos da Galiza.

Països Catalans

O PP bota o feche a 24 anos de televisión pública en idioma propio en Valencia

Valencia é o primeiro territorio con 'lingua co-oficial' do Estado que fica sen medio de comunicación público propio ao pechar Canal 9. A Generalitat bota á rúa a 1.600 traballador@s.

The Chiffons
CULTURA

The Chiffons, peche de luxo para o Outono Códax Festival

O concerto das neoiorquinas The Chiffons pechará este sábado 26 de Outubro o Outono Códax Festival. A banda actúa en Santiago no seu único concerto do Estado coa mítica Judy Craig como protagonista. 

fechadas
SOCIAL

Encerramentos de estudantes quentan motores cara á folga contra a LOMCE

Até a quinta feira durará o encerramento de estudantes na facultade de Filoloxía da USC. Protestan polos ataques ao ensino público promovidos desde a Xunta e desde Madrid e rexeitan o decreto que estabelece un número mínimo de alumn@s para manter os graos en filoloxía clásica e filoloxía galega.