A Audiencia Nacional española pon fin o proxecto xornalístico que engloba Ateak Ireki (portas abertas), unha decisión adoptada en base a informes da Garda Civil que relacionan AI co movemento anti-represivo Herrira, cuxas actividades foron suspendidas polo mesmo tribunal após a redada na que foron detid@s 18 dos seus membros, que ficaron en liberdade.
“De novo a Audiencia Nacional española decide que é o que debe e non debe ler a cidadanía”
A Audiencia Nacional publica un auto no cal solicita a diversas empresas de telecomunicacións que impidan o acceso de Ateak Ireki, aliás de solicitarlles que pechen as súas contas nas redes sociais e a propia web de noticias deste proxecto.
“Un día triste para a democracia en Euskal Herria”
Nunha primeira valoración de urxencia, Ateak Ireki quixo denunciar “este novo ataque á liberdade de expresión e información. Lembramos, neste sentido, que Ateak Ireki naceu polo impulso de ducias de xornalistas navarros que, tras o peche de Apurtu.org, avogaron por medios de comunicación que respaldasen a liberdade de expresión”.
Por todo iso, sosteñen nun comunicado, “cremos que hoxe é un día triste para a democracia en Euskal Herria. De novo a Audiencia Nacional española decide que é o que debe e non debe ler a cidadanía”.
Con esta clausura, a xustiza española mete na súa saca outro peche máis dun medio de comunicación vasco tras os que levou a cabo co Egin e Euskaldunon Egunkaria.