O PP bota o feche a 24 anos de televisión pública en idioma propio en Valencia

Valencia é o primeiro territorio con 'lingua co-oficial' do Estado que fica sen medio de comunicación público propio ao pechar Canal 9. A Generalitat bota á rúa a 1.600 traballador@s.

O PP puxo esta terza feira fin a 24 anos de emisión en catalán no País Valenciá. E engrosa a lista do paro con 1.600 persoas máis. A resposta dos populares á sentenza que declaraba nulo o ERE impulsado pola Generalitat na Ràdio Televisió Valenciana (RTVV) e polo que se despedía a un milleiro de traballador@s.

A desculpa dada foi que cumprir o fallo xudicial suporía un gasto de 40 millóns de euros. E mandou fechar definitivamente. Non é a primeira medida do goberno valenciá do PP contra o idioma propio. Vai para tres anos decidiran pechar as emisións de TV3 en Valencia.

O único precedente do peche dunha televisión pública en Europa foi Grecia, nunha decisión máis que polémica. Poucos meses despois, o goberno grego tivo que recuar en parte e abrir unha nova televisión pública, se ben máis reducida.

Máis en Països Catalans
Comentarios