O fiscal solicita desestimar a demanda de Oubiña por danos morais contra ‘Fariña’
Reclamaba 1,5 millóns de euros por intromisión ilexítima no seu dereito á honra, á intimidade persoal e familiar, e á propia imaxe
Reclamaba 1,5 millóns de euros por intromisión ilexítima no seu dereito á honra, á intimidade persoal e familiar, e á propia imaxe
A Audiencia Provincial de Madrid condenou José Alfredo Bea Gondar para indemnizar con 16.000 euros Nacho Carretero e á editorial Libros del K.O. polas perdas das vendas do libro Fariña,sobre a historia do narcotráfico galego.
Unha caricatura permite coñecer a figura do que foi o primeiro xogador profesional do balompé galego, aló polos anos 20. Fariña era un deportista que ao saír dos campos de fútbol frecuentaba círculos sociais cheos de artistas e intelectuais, algo moi pouco común daquela, e que chamou a atención de Castelao, que dedicou os seus trazos a un home que sempre levaba a boina ben encaixada na testa.
Edicións Xerais vén de anuncira nas redes sociais que, a partir da vindeira semana, estará dispoñíbel a tradución ao galego de Fariña (2016).
A Audiencia Provincial de Madrid levanta o secuestro de Fariña, o libro de Nacho Carretero (A Coruña, 1981) sobre o narcotráfico galego. Unha xuíz do xulgado número 7 de Collado-Villalba decidira retiralo das librarías a raíz dunha denuncia do ex alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar, aludido en varias partes do traballo.
Víctor Freixanes (Pontevedra, 1951) é un conversador torrencial e manexa con destreza todos os rexistros. Domina a frase curta, mais tamén a sintaxe máis alambicada. É sempre un escritor, até cando fala. É tamén unha personalidade poliédrica, non reductíbel a un arquetipo. Novelista, ensaísta, xornalista, editor, presidente da Real Academia Galega. Nesta entrevista falamos sobre a iniciativa da RAG a favor da restitución dos apelidos á súa forma orixinaria, galega, mais tamén acerca do estado en que se acha o galego ou a propia institución que el preside, coa inevitábel figura de Ferrín a se recortar no horizonte. "Son partidario das políticas de inmersión lingüística", afirma.
Laureano Oubiña presentara unha demanda contra Atresmedia e Bambú Producciones por millón e medio de euros por “dano moral”.
Coa súa interpretación do narcotraficante Manuel Charlín na serie Fariña, boa parte do mundo exterior descubriu Antonio Durán, Morris (Vigo, 1959). O actor, veterano de mil guerras teatrais, popular na Galiza polas 14 tempadas de Pratos Combinados, asiste ao seu éxito de crítica e público na pantalla cunha miga de escepticismo. “Non vai mudar nada. Pero á miña xeración este recoñecemento chéganos nun intre en que estamos facendo cousas interesantes”, admite. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 291.
As intervencións de portavoces parlamentares e do presidente non foron alleas aos temas mediaticamente máis presentes estes días. Desde a famosa serie sobre o narcotráfico galego até as fotos con Marcial Dorado pasando polo máster da presidente madrileña ou o conflito en En Marea a raíz do ‘Caso Quinteiro’.
Andrés Castro, o noso crítico de cinema de cabeceira, muda por unha vez a pantalla grande pola pequena e entréganos unha crítica da serie de moda.
A estrea da serie televisiva Fariña, baseada no libro homónimo do coruñés Nacho Carretero, volveu sacar á palestra todos os clásicos do contrabando e narcotráfico galegos e os seus coñecidos vínculos, máis ou menos intensos, con Alianza Popular e, logo, co PP. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 288.