O exalcalde do Grove tamén quer evitar que ‘Farinha’ se publique en Portugal

Bea Gondar acusa de desobediencia a Nacho Carretero porque este libro se estea a vender no país veciño.

libro farinha
photo_camera libro farinha

Bea Gondar é o autor da demanda pola que una xuíz decretou o secuestro de ‘Fariña’ no Estado español. Agora, este exalcalde do Grove quer impedir a distribución e venda do mesmo en Portugal, onde estes días estaba dispoñíbel para a súa publicación:’Farinha’. Gondar acusa o autor, Nacho Carretero, e os seus editores, de incorrer nun delito de desobediencia.

Así consta nun escrito presentado esta cuarta feira no xulgado número 7 de Collado Villalba e ao que tivron acceso Efe e Europa Press. A titular deste xulgado, Alejandra Fontana, decidiu o secuestro cautelar do libro de Carretero até que se resolva o fondo da demanda presentada por Bea Gondar.

Agora, Gondar tenta frear a venda e distribución deste libro en Portugal, se ben o contrato de venda de dereitos é de 2017.  Farinha, o polémico libro que trata a historia do narcotráfico galego pódese comprar xa na sua edición portuguesa recentemente apresentada pola Desassossego.Anúnciase como ‘‘O livro que foi proibido na Espanha’.

Comentarios