'Fariña', o 'best seller' sobre o narcotráfico, en galego

Cando Fariña (2015) está a piques de atinxir a súa décima edición en versión orixinal -castelán-, Xerais anuncia a inminente publicación en galego da obra do xornalista Nacho Carretero (A Coruña, 1981). O best seller narra o tránsito do contrabando de tabaco ao narcotráfico en amplas zonas da costa galega.

érguete Arousa
photo_camera Protesta de nais contra a droga. Foto: Diario de Arousa.

O éxito editorial de Fariña foi fulgurante. Axilmente construído, a prosa xornalística de Carretero relata episodios coñecidos e outros menos presentes na esfera pública. Sito Miñanco, Laureano Oubiña, os Charlíns ou arrepentidos célebres comparten protagonismo con políticos, xuíces e activistas contra a droga. As consecuencias desta economía negra e a súa pegada social tamén aparecen.

fariña - foto de jacobo olmedo cedida por bambú producciones e atresmedia

Edicións Xerais colocará nas librarías a edición galega -traducida por Xosé Manuel Moo- de Fariña xusto cando Atresmedia e Bambú Producciones ultiman a serie televisiva baseada na obra. Entre os actores principais atópanse Javier Rey -como Sito Miñanco-, Carlos Blanco -no papel de Oubiña- ou Antonio Durán, Morris -no de Manuel Charlín.

“Estou feliz con que se vaia publicar Fariña en galego”, comenta o autor, Nacho Carretero, “era unha idea que tiña desde o inicio e que agora vexo realizada”.

Comentarios