A maxistrada Alejandra Pontana adoptou esta medida a raíz dunha denuncia do ex alcalde do Grove -foino en dúas ocasións, en 1983 e 1991- Alfredo Bea Gondar. Carretero lembra no libro os vínculos de Bea Gondar con operacións relacionadas co tráfico de cocaína. En 1991 foi a prisión e en 2005, condenado por delito de branquo de cartos do narcotráfico.
O ex rexedor do Grove pasou pola UCD, Convergencia de Independientes de Galicia, Alianza Popular -partido antecesor do PP- e pola Agrupación Vecinal Independiente. En xaneiro deste ano denunciou a Nacho Carrtero e a editorial de Fariña, Libros del KO, por presunta vulneración do dereito ao honor.
A xuíza de Collado Villalba aceptou a demanda e tomou a medida cautelar de secuestrar a obra e prohibir a impresión e comercialización de novos exemplares. Sobre a teleserie, tamén a piques de estrearse -como a versión galega do libro en Xerais-, a maxistrada non adopta ningunha medida.
Nota: cuberta da edición galega de Fariña.