Mais a Audiencia Provincial dá agora a razón ao recurso interposto pola defensa do xornalista e mais da editorial Libros del KO, segundo vén de confirmar nas redes sociais esta última. Fariña (2016) poderá regresar aos andeis das tendas. A versión en galego, que Edicións Xerais xa tiña practicamente lista no intre da primeira decisión xudicial, verá así o seu camiño despexado.
Nos meses que durou o secuestro xudicial, a obra adquiriu especial notoriedade, tamén grazas ao éxito da serie de televisión baseada na mesma. Ao tempo, publicouse en portugués.