Fariña

Laureano Oubiña posando coas súas memorias, 'Toda a verdade'. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
SOCIAL

Un xulgado de Vilagarcía desestima a demanda de Laureano Oubiña contra ‘Fariña’ por vulneración do dereito á honra

O xuíz absolve ás codemandadas de todos as peticións formuladas na súa contra, con expresa imposición das costas do procedemento á parte demandante.
Oubiña foto europa press adrián irgao
SOCIAL

O fiscal solicita desestimar a demanda de Oubiña por danos morais contra ‘Fariña’

Reclamaba 1,5 millóns de euros por intromisión ilexítima no seu dereito á honra, á intimidade persoal e familiar, e á propia imaxe

Laureano Oubiña posando coas súas memorias, 'Toda a verdade'. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Xustiza

Laureano Oubiña vs 'Fariña': o xuízo contra a produtora da serie será a vindeira semana

Oubiña denuncia a vulneración do seu dereito á honra e a intimidade.
Xosé Antonio Touriñán (Imaxe: Aigi Boga)
star
Entrevistas

Touriñán: "Para min defender o galego é unha posición natural"

Xosé Antonio Touriñán é unha figura destacada e discutida da comedia galega. Monologuista de longo alcance, actor de teatro, cine e televisión, presentador, animador cultural… a súa carreira demostra que sempre ten as audiencias no punto de mira, mais tamén que é quen de afrontar retos artísticos de maior envergadura, como a adaptación de Fariña ao teatro, coa que recolleu o recoñecemento do público e da crítica. Parece empeñado en conquistar novos terreos para a comedia e parece que o logra: neste momento mantén o protagonismo co seu papel no filme Cuñados.
‘Bernarda’, representada na imaxe, da compañía Malasombra, recibiu catro premios María Casares.
Crónica dos Premios María Casares

A compañía Malasombra triunfa sobre 'Fariña'

O espectáculo Bernarda, da compañía Malasombra, sorprendeu ao erixirse en gran triunfadora dos Premios María Casares 2020. A sorpresa tamén veu pola ausencia no palmarés de Fariña, unha obra que contou co favor do público e da crítica. Se cadra, un bo pretexto para reflexionar sobre a relación entre o teatro e o público no sistema teatral galego.
O autor de 'Fariña', Nacho Carretero, na Coruña (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Condenado o ex alcalde do Grove a pagar 16.000 euros polo secuestro cautelar de 'Fariña'

A Audiencia Provincial de Madrid condenou José Alfredo Bea Gondar para indemnizar con 16.000 euros Nacho Carretero e á editorial Libros del K.O. polas perdas das vendas do libro Fariña,sobre a historia do narcotráfico galego.

fariña 2
DEPORTES

Descubrindo Fernando Fariña, o ídolo futbolístico de Castelao

Unha caricatura permite coñecer a figura do que foi o primeiro xogador profesional do balompé galego, aló polos anos 20. Fariña era un deportista que ao saír dos campos de fútbol frecuentaba círculos sociais cheos de artistas e intelectuais, algo moi pouco común daquela, e que chamou a atención de Castelao, que dedicou os seus trazos a un home que sempre levaba a boina ben encaixada na testa.

Efecto Fariña

O papel de Toni Cantó en Fariña

fariña xerais galego
SOCIAL

A vindeira semana, 'Fariña' en galego

Edicións Xerais vén de anuncira nas redes sociais que, a partir da vindeira semana, estará dispoñíbel a tradución ao galego de Fariña (2016).
 

Farinha
Levantado o secuestro do libro de Carretero sobre o narco

'Fariña', de volta nas librarías

A Audiencia Provincial de Madrid levanta o secuestro de Fariña, o libro de Nacho Carretero (A Coruña, 1981) sobre o narcotráfico galego. Unha xuíz do xulgado número 7 de Collado-Villalba decidira retiralo das librarías a raíz dunha denuncia do ex alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar, aludido en varias partes do traballo.
 

Os 'gallegos' de Fariña

Víctor Freixanes
Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega

"A efectos da fala, Feijóo é Feixóo"

Víctor Freixanes (Pontevedra, 1951) é un conversador torrencial e manexa con destreza todos os rexistros. Domina a frase curta, mais tamén a sintaxe máis alambicada. É sempre un escritor, até cando fala. É tamén unha personalidade poliédrica, non reductíbel a un arquetipo. Novelista, ensaísta, xornalista, editor, presidente da Real Academia Galega. Nesta entrevista falamos sobre a iniciativa da RAG a favor da restitución dos apelidos á súa forma orixinaria, galega, mais tamén acerca do estado en que se acha o galego ou a propia institución que el preside, coa inevitábel figura de Ferrín a se recortar no horizonte. "Son partidario das políticas de inmersión lingüística", afirma.

fariña oubiña sexo
SOCIAL

Oubiña e a produtora de ‘Fariña’ vense esta quinta feira no xulgado por unha escena de sexo

Laureano Oubiña presentara unha demanda contra Atresmedia e Bambú Producciones por millón e medio de euros por “dano moral”.

morris
Antonio Durán "Morris"

"Se os galegos nos achegásemos á nosa realidade, teríamos máis audiencia"

Coa súa interpretación do narcotraficante Manuel Charlín na serie Fariña, boa parte do mundo exterior descubriu Antonio Durán, Morris (Vigo, 1959). O actor, veterano de mil guerras teatrais, popular na Galiza polas 14 tempadas de Pratos Combinados, asiste ao seu éxito de crítica e público na pantalla cunha miga de escepticismo. “Non vai mudar nada. Pero á miña xeración este recoñecemento chéganos nun intre en que estamos facendo cousas interesantes”, admite. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 291.

Feijoo parlamento pedro puy xunta PP
POLÍTICA

‘Fariña’, Cifuentes e Quinteiro pairan sobre a sesión de control a Núñez Feijóo

As intervencións de portavoces parlamentares e do presidente non foron alleas aos temas mediaticamente máis presentes estes días. Desde a famosa serie sobre o narcotráfico galego até as fotos con Marcial Dorado pasando polo máster da presidente madrileña ou o conflito en En Marea a raíz do ‘Caso Quinteiro’.

Información complementaria sobre “Fariña”

Farinha
CULTURA

'Fariña', en ocasións vexo series

Andrés Castro, o noso crítico de cinema de cabeceira, muda por unha vez a pantalla grande pola pequena e entréganos unha crítica da serie de moda.

Xa metidos na fariña...

Fardos1
Contrabando e financiamento político

A narcopolítica galega

A estrea da serie televisiva Fariña, baseada no libro homónimo do coruñés Nacho Carretero, volveu sacar á palestra todos os clásicos do contrabando e narcotráfico galegos e os seus coñecidos vínculos, máis ou menos intensos, con Alianza Popular e, logo, co PP. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 288.