discos

A cantante e compositora
Guadi Galego. (Foto: Carlos Abal).
Entrevista

Guadi Galego: "A vida está feita de costuras, de cicatrices e de zurcidos"

"E así toda cordura, escose polas costuras", canta Guadi Galego na faixa que abre 'Costuras', o seu último traballo discográfico. Logo de levar o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe con 'Immersion', a compositora atrévese cun álbum que afonda nos territorios do íntimo, desde esa postura sempre reflexiva e plural que a caracteriza, para falar do amor, a dor e outros moitos retallos que nos conforman.  
Berlai no videoclip de 'No water', adianto do disco.
CULTURA

Berlai abre as portas do seu lar no seu último álbum

Cas Berlai, un disco creado no confinamento que se estrea hoxe
Richi Casás co seu saxo no Arco do Túnel da Vila da Igrexa (Cerceda, 2019) [Foto: Eutropio Rodríguez].
Música

'Fuliada na Vila': a tradición eléctrica que une Miles Davis e Dorothé Schubarth

"As rapaciñas da vida / eu direi quen elas sone", ouvimos cantar o retrouso, pero ao xeito do jazz, na particular reinterpretación de 'Fuliada na Vila'. Richi Casás ofrece pezas orixinais xunto a adaptacións de melodías do 'Cancioneiro Popular Galego', que recollían as voces da súa avoa Rosa e da súa tía Adolfina, cuxas gravacións completan o repertorio. Conversamos co saxofonista, representante da "xeración pos túnel", sobre o rol da tradición hoxe, a accesibilidade e dixitalización dos arquivos sonoros ou as diferenzas entre torreiro e conservatorio. 
Ghaveta explora o repertorio tradicional desde o formato dun cuarteto acústico.
Música

Ghaveta inunda co seu singular "folk de raíz" os torreiros da nova normalidade

O segundo disco do grupo viu a luz durante o confinamento, pero está a ter agora as súas presentacións nun contexto no que o público, por verlle algo positivo, semella estár aprendendo a escoitar.
dqvsmaríapita
Caderno de Verán

Dequenvessendo, un folk con influencias

A banda Dequenvessendo, nacida entre A Coruña e Arteixo, logrou a meta de sacar á rúa o seu primeiro traballo discográfico a través dunha campaña de micromecenado
Caamaño Ameixeiras
Caderno de Verán

A muiñeira é 'covidfriendly'

O dúo Caamaño & Ameixeiras compaxina as últimas actuacións deste verán tan atípico coa preparación do seu proxecto discográfico, que pronto debería ver a luz
A formación actual dos Samesugas con WillySucco Brohter (no centro).
Música

Samesugas volve ao estudio polo 20 aniversario

Os Samesugas, herdeiros do espírito máis punk dos 90, levan dúas décadas xuntos, efeméride que celebraron cun single en compaña de WillySucco Brother e coa promesa de dous novos traballos: un "disco de rarezas" e un próximo paso polo estudio. Mentres agardamos, hoxe atoparémolos xogando na casa, no Feito a Man de Compostela. .
O músico Ricardo Casás (Imaxe: Eutropio Rodríguez)
CULTURA

Ricardo Casás: "O que facía miña avoa ten tanto valor como o que estudei no conservatorio"

Rosa da Vila foi unha pandeireteira, cantadora e compositora da Vila da Igrexa, no concello de Cerceda. Sobre as súas melodías, o seu neto, o músico Ricardo Casás, artellou o proxecto Fuliada na Vila. Coa metodoloxía do jazz, Casás publicará un disco que xa sooou este mes en Compostela. 
Actual formación de Luar na Lubre, unha das bandas máis emblemáticas do folk galego.
Cultura

A peregrinaxe musical de Luar na Lubre polo Camiño das Estrelas

Coa conciencia de cumprir unha "débeda pendente", Luar na Lubre dedica un álbum dobre ao Camiño de Santiago, 'Vieiras e vieiros', centrado nas historias das persoas que transitan a ruta xacobea.
Retrato de MJ Pérez.
Cultura

A esperanza no futuro ilumina o canto guerrilleiro de MJ Pérez

Semella que o novo disco de MJ Pérez, 'A luz prendida', ficou sepultado polo rebumbio da emerxencia sanitaria. Hoxe 'Nós Diario' aproveita para debullalo polo miúdo, en conversa coa cantautora, un álbum que coloca a luz, coas súas diversas connotacións, no centro, para elaborar un coidado periplo cara á esperanza. A ritmo de cumbia ou fado, a proposta explora novos estilos sen perder a esencia comprometida de anteriores traballos.
Bea Martínez e Rodrigo Romaní tocando xuntas.
Cultura

Rodrigo Romaní e Bea Martínez presentan 'Illas', un álbum do confinamento

Dúas arpas unidas na distancia
O artista vigués Cé Tomé.
Cultura

A "electrónica de aldea" de Cé Tomé reivindica o dereito á diferenza

'Mad:ame' atópase entre o dixital e o analóxico
O grupo Liska!
Cultura

'República 2.0', nova abordaxe ska de Liska!

A banda viguesa presenta o seu terceiro disco
aff68729-42db-45f9-8451-14cefc916a0a
Cultura

Confesións pop da adultez inalcanzábel

A semana pasada viron a luz Belo Horizonte e É o que hai, dous EP cos que Esposa reflicte, sen abandonar a sonoridade pop que as caracteriza, as inquedanzas que atravesan as catro compoñentes actuais da banda no paso indeciso, vacilante, á idade adulta. Intimista e lírico, un díptico que retrata unha xeración. 
De esquerda a dereita, Álex Arnoso, That Bass DJ e Hugo Guezeta, compoñentes de SonDaRúa.
Cultura

A lírica combativa de SonDaRúa: da resignación ao ataque

Eterno Combate, o primeiro LP de SonDaRúa, está dispoñíbel desde hoxe en plataformas dixitais. Un disco reivindicativo e heteroxéneo, onde os ritmos festeiros sacan a bailar o compromiso.
WhatsApp Image 2020-03-13 at 13.31.06
Cultura

Verto: "O título do disco vén dunha entrevista no 'Sermos Galiza'"

Verto publica o seu primeiro álbum, Puro Ocio, un traballo autoeditado
Son Trío nunha foto promocional
Cultura

Son Trío canta os poemas de Rosalía “como se fosen escritos hoxe”

A Casa-Museo de Rosalía acolleu este sábado a presentación de Miña Almiña, álbum no que Son Trío musica poemas de Follas Novas.

María Xosé Silvar
Música

'Liberar as arterias', o novo de Sés, rebélase "contra a xenreira"

Chega aos mercados o último disco da cantante María Xosé Silvar 
As Tanxugueiras no Hotel Costa Vella (Irene Pin)
Música

O 'trad' das Tanxugueiras: atoparse na evolución

A xira de presentación de Contrapunto, o novo das Tanxugueiras, chega o domingo 2 de febreiro a Compostela. As cantareiras analizan a súa evolución cara á independencia e un son de seu.
Os compoñentes de Arrhythmia coa súa equipa técnica no festival Resurrection 2019 (Toni Villén)
O futuro disco chámase 'I'

Un micromecenado consigue sacar adiante o novo de Arrhythmia

A galardoada banda de metal Arrhythmia consegue sacar adiante o seu novo disco grazas a un proceso de financiamento colectivo. Baixo o título I, o LP ponlle fin á conta atrás que iniciaron os lucenses cos seus anteriores traballos, III e II, na procura de acadar o seu auténtico son. O álbum verá a luz na primavera de 2020.