detención

Gas pementa. (Foto: Nós Diario)
Agora

Detido un veciño de Culleredo por esparexer gas pementa dentro dun autobús

A Garda Civil detivo un veciño de Culleredo (comarca da Coruña) como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de lesións, por esparexer gas pementa no interior dun autobús o pasado 24 de abril. Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu nun autocar que cubría a liña A Coruña-Carral e o condutor viuse obrigado a deter a marcha e desaloxar os viaxeiros en Vilaboa. Algúns deles, de feito, sufriron lesións leves e precisaron asistencia sanitaria por irritación de ollos e gorxa. Dado que o autor dos feitos fuxiu ante a inminente chegada da Policía Local de Culleredo, a Garda Civil iniciou unha investigación para identificalo. A través de recoñecementos practicados a testemuñas prexudicadas, o Instituto Armado conseguiu dar co responsábel.
Axentes da policía local de Lugo (Foto: Policía Local de Lugo).
SOCIAL

Un home é detido en Lugo por agredir a súa muller en presenza dos seus tres fillos

O relato da vítima, corroborado de forma espontánea polo fillo maior -de 7 anos-, contradí a versión do home.
Unha das vivendas rexistradas en Vilagarcía. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
SOCIAL

Nove detidos nun novo operativo 'antidroga' con 15 rexistros na Galiza

Rexistráronse diferentes vivendas en Tui, Ponteareas, O Porriño, Vigo, Vilagarcía, Vilanova e Lugo.
Vivenda na que se produciu o crime, en Esteiro (Muros). (Foto: César Arxina / Europa Press)
SOCIAL

Continúa baixo custodia policial o presunto parricida de Muros, á espera de declarar nos xulgados

As autoridades investigan agora o atopado no inmóbel, así como uns vídeos en redes sociais do detido nos que aparece con varias armas e nos que profire ameazas.
Unha persoa usa o móbil (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Detido un 'ciberdepredador' por acosar sexualmente de 25 mozas de 13 a 22 anos

A maioría das vítimas, algunhas delas galegas, eran menores de idade. O home foi detido no marco da operación policial 'Ganímedes'.
garda civil
SOCIAL

Acusado de homicidio o fillo de 19 anos do home achado morto na súa vivenda de Muros

Veciños afirman que xa escoitaran previamente discusións no domicilio con certa frecuencia, algo que atribúen a que o mozo "tiña problemas".
Cargas policiais na manifestación desta quinta feira en San Caetano.
Mar

En liberdade con cargos os bateeiros detidos en San Caetano

Pasaron case oito horas na Comisaría de Santiago e saíron con dous cargos imputados: atentado contra a autoridade e altercados públicos.
Os detidos nun operativo conxunto entre forzas colombianas e a Garda Civil española. (Foto: Armada de Colombia)
SOCIAL

Detidos en Colombia os fabricantes do 'narcosubmarino' localizado na Galiza con 3 toneladas de cocaína

A embarcación foi interceptada en 2019 fronte á costa de Aldán, en Cangas.
O xornalista Evan Gershkovich.
INTERNACIONAL

Rusia detén un xornalista estadounidense ao que acusa de "espionaxe"

Evan Gershkovich é o correspondente de 'The Wall Street Journal' en Moscova.
Momento da detención de Clara Ponsatí (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).
INTERNACIONAL

[VÍDEO] Clara Ponsatí, detida malia ser eurodeputada

A pesar de ter inmunidade como eurodeputada, que a protexe de calquera acción delituosa, existe unha orde de detención en vigor no Estado español por desobediencia por causa do referendo do 1 de outubro. Xa foi posta en liberdade á espera de declarar ante o xuíz Llarena.
Protestas no Irán (Foto: Aapimage / DPA).
INTERNACIONAL

Liberada Ana Baneira, a coruñesa encarcerada en Irán

A moza de 24 anos fora detida en novembro após participar nas mobilizacións cidadás pola morte de Masha Amini.
Os implicados son o pai e nai da vítima e mais o seu ex sogro. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Tres detidos en Xaén acusados de secuestrar a filla durante 22 días para practicarlle un exorcismo porque "tiña o mal dentro"

Os detidos, que quedaron en liberdade con cargos, son os pais da vítima e mais o seu ex sogro.
A extracción do material do xubilado de Burgos (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press).
SOCIAL

Explosivos e ollos de animais. Así eran as cartas enviadas polo xubilado de Burgos

O arrestado residía nunha pequena vivenda na rúa do Caravel de Miranda de Ebro, onde especialistas da Policía Nacional levaron a cabo un rexistro antes do seu paso ao dispor do titular do Xulgado Central de Instrución Número 4, que investiga o envío destas cartas con, entre outras cousas, material pirotécnico.
Dispositivo policial diante da Embaixada dos Estados Unidos en Madrid o pasado 1 de decembro, após recibir un dos paquetes bomba. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
INTERNACIONAL

Da Intelixencia rusa a un xubilado de Burgos: detido o presunto autor das cartas explosivas

A finais do pasado ano unha misiva con material incendiario foi detectada polo persoal de seguridade do presidente Pedro Sánchez, a quen se dirixía, e outras cinco chegaron ás embaixadas en Madrid de Ucraína e os EUA, ao Centro de Satélites da UE, a unha empresa de Zaragoza e ao Ministerio de Defensa.
Xulgados de Vigo. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Detido un home que tentou atropelar á súa ex parella na parroquia viguesa de Zamáns

Está acusado dun delito de violencia machista e esta sexta feira pasará a disposición xudicial.
Vehículo da Garda Civil. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Detido un home na Pobra acusado de prender lume á vivenda coa súa muller dentro

A vítima, que padece unha discapacidade física, tivo que ser rescatada polos servizos de emerxencia.
Dina Boluarte (á dereita) esta cuarta feira após tomar posesión como presidenta do Perú (Foto: Congreso do Perú).
INTERNACIONAL

Pedro Castillo é detido e Dina Boluarte proclámase presidenta do Perú

A Dina Boluarte proclámase presidenta do Perú tras aprobar a destitución de Pedro Castillo, que decretou a disolución do lexislativo horas antes, nun movemento rexeitado pola oposición conservadora, e que, posteriormente foi detido.
Protestas pola morte de Masha Amini, en Barcelona. (Foto: Davide Bonaldo / SOPA Images)
INTERNACIONAL

Sen noticias de Ana Baneira, a coruñesa detida no Irán após participar nas protestas

A moza de 24 anos está en paradoiro descoñecido, segundo denuncia a ONG HRANA, após participar nas mobilizacións cidadás pola morte de Masha Amini.
Concentración contra a detención de Puigdemont (Imaxe: Vilaweb)
INTERNACIONAL

Puigdemont pedirá medidas cautelarísimas para revogar a detención

Gonzalo Boye, avogado do president Carles Puigdemont, informou na sexta feira de que inmediatamente solicitarán ao Tribunal Xeral da Unión Europea medidas cautelares inmediatas para restituír plenamente as inmunidades como eurodeputado e que foron parcialmente levantadas coa aprobación da petición en Parlamento Europeo.

Altar creado na honra do mozo Samuel Luiz, en xullo de 2021. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Probas de ADN "implican directamente" a dous dos seis detidos polo crime de Samuel Luiz

O delegado do Goberno na Galiza informou de que a investigación policial conta con 36 testemuñas e detallou que a agresión durou "seis minutos fatais".