Puigdemont, detido en Sardeña

Foi detido por dous policías de paisano e pasa a noite nunha comisaría. Viaxara á illa para participar esta sexta feira nunha serie de actos oficiais na cidade

 

 

Carles Puigdemont, durante a sesión plenaria da Eurocámara que suspendeu a súa inmunidade (Foto: Benoit Doppagne / Europa Press)
photo_camera Carles Puigdemont, durante a sesión plenaria da Eurocámara que suspendeu a súa inmunidade (Foto: Benoit Doppagne / Europa Press)

A policía italiana detivo o ex presidente catalán Carles Puigdemont no aeroporto do Algue, unha nova que vén de conmocionar a escena política, e non só política, en Catalunya. Puigdemont estaba acompañado por membros da súa oficina en Waterloo. Segundo o director da súa oficina, Josep Lluís Alay, o presidente pasará esta sexta feira a disposición do Tribunal de Apelación de Sassari, competente para decidir sobre a súa  liberación ou a extradición.

Sobre o ex presidente Puigdemont e os demais exiliados, o Tribunal Supremo español mantén as ordes de arresto estatais, mais as euroordes contra Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí foran suspendidas, de acordo coa sentenza do Tribunal Xeral do pasado mes de xullo da UE. No fallo, o tribunal afirmou expresamente que as euroordes foron suspendidas debido á presentación por parte do xuíz Llarena dalgunhas cuestións prexudiciais ao Tribunal de Xustiza da UE, que están pendentes  de resolución. 

 Puigdemont viaxaba no momento de ser interceptado pola policía italiana co senador Jami Matamala.  Matalama tamén o acompañaba cando foi detido en Alemaña en marzo do 2018.

O president, que vive exiliado en  Waterloo desde novembro do 2017, viaxou a pasada semana a París onde se reuniu con deputados e senadores franceses na Asemblea Nacional.

Desde  Junts Lliures  per Europa informouse ao presidente do Parlamento Europeo, David  Sassoli, da situación do ex president.

Comentarios