[VÍDEO] Clara Ponsatí, detida polos Mossos malia ser eurodeputada

A pesar de ter inmunidade como eurodeputada, que a protexe de calquera acción delituosa, existe unha orde de detención en vigor no Estado español por desobediencia por causa do referendo do 1 de outubro. Xa foi posta en liberdade á espera de declarar ante o xuíz Llarena.
Momento da detención de Clara Ponsatí (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).
photo_camera Momento da detención de Clara Ponsatí (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).

A conselleira Clara Ponsatí, detida na tarde desta terza feira polos Mossos e trasladada á Cidade da Xustiza, xa foi liberada. O seu avogado, Gonzalo Boye, pediu un habeas corpus por detención ilegal.

Ponsatí preguntou ao axente encargado da detención se estaba seguro de que quería deter unha eurodeputada, e o axente insistiu en que o acompañase para levar a cabo a detención ordenada polo Tribunal Supremo español.

A conselleira, exiliada durante cinco anos en Bélxica e Escocia, pasara ao dispor do xulgado de garda de Barcelona. Nun auto, o maxistrado do Tribunal Supremo español Pablo Llarena citouna o próximo 24 de abril ás 11 horas para comunicarlle o procesamento por un delito de desobediencia.

Llarena deixou sen efecto a orde de detención así como a rebeldía acordadas meses atrás. Tamén estabeleceu que é necesario que a conselleira designe domicilio e teléfono onde poida ser localizada e que compareza ante o órgano xudicial cando sexa chamada. E advertiu que se o incumpre podería modificarse a súa situación persoal e podería ser detida.

Inmunidade como eurodeputada

A pesar de ter inmunidade como eurodeputada, que a protexe de calquera acción delituosa, existe unha orde de detención en vigor no Estado español por desobediencia por causa do referendo do 1 de outubro.

Comentarios