CONTRACULTURA
Macua (Acontravento): "Após un ano prolífico, imos co lanzamento das camisolas da selección galega de fútbol gaélico"
18/xul./24
Dani Portela Macua (A Guarda, 1991), coñecido como Macua, é o fundador da marca de roupa galega Acontravento. O deseño 'O pobo que canta nunca morre', nado da colaboración entre Acontravento e Pruden Tattoo, ilustra a capa do caderno especial que acompañará Nós Diario o 25 de xullo con motivo do Día da Patria Galega e que repasa o panorama musical da Galiza.