curtametraxes

Nacho Ozores. (Foto: Cedida).
Entrevista

Nacho Ozores: "O TOC trátase moitas veces de forma cómica nas películas, eu quería contalo de maneira máis veraz"

A de Nacho Ozores (Lugo, 1995) é unha desas olladas que prometen dar que falar. O seu primeiro traballo, 'O que medra por dentro' (2019) chegou aos Mestre Mateo como finalista. Desta volta presenta 'Mentres iso pasa' (2020), unha historia coa enfermidade mental no foco, realidade que o autor coñece de primeira man. E iso nótase. 
Xacio Baño na rodaxe de 'Augas Abisais'. (Foto: Roberto González)
CULTURA

Xacio Baño: "Interésanme os descartes, a xente que non fai historia, que non triunfa, eses mundos B ou Z"

'Augas Abisais' estreouse a finais do pasado ano no Sheffield Doc/Fest, pasando logo polo Clermont-Ferrand ou o Festival de Xixón. Na procura dunha linguaxe propia, Xacio Baño afonda na memoria familiar para reconstruír, a través de cartas e o relato oral, a historia dun parente desaparecido, soldado dunha guerra que non era súa.
curtametraxe vilagarcia mare
A sección galega do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía

O medo, a culpa, o desleixo, a natureza e a incomunicación

O veterano festival de cinema fantástico de Vilagarcía, acabado de renomear como Curtas, Festival do Imaxinario, inclúe na súa extensa programación unha sección dedicada ás curtametraxes galegas na que este ano proxectará os últimos traballos de Dani Viqueira, Guille Vázquez, Ariadna Silva, Santi Teijelo, Dani Cornes, Santos Díaz, Marina Seijas e Plácido Romero. Poderá verse tamén nesta mostra a longametraxe As bruxas d’Elente, de Simón Vázquez, rodada en Ourense. 
Fotograma de 'Carne', de Camila Karter.
Curtametraxes

FicBueu enche de cinema a costa

O festival arrinca a sexta feira cun programa diverso que recolle o mellor do ano a nivel internacional e deixa, ao tempo, espazo para as propostas máis experimentais e de creadoras galegas.
Fotograma de 'Refachos de vida salvaxe', de Jorge Cantos.
Avance da programación

Curtocircuíto trae a Compostela o cinema de autor máis arriscado da Península

Ademais, o festival confirma a data da estrea galega de 'Lúa Vermella', última longametraxe de Lois Patiño, que terá lugar o 9 de outubro nun acto especial que reunirá ao elenco da película por primeira vez na Galiza.
A actriz Lidia Veiga interpreta Amelia en 'Onde dormen as gaivotas' (Dani Cornes).
Compañeirismo na canteira

O audiovisual do futuro vén pisando forte desde Vigo

Setembro arrinca, por mor dos adiamentos provocados pola pandemia, como un mes no que se van concentrar boa parte dos festivais de cinema do país. Entre artistas internacionais e os nomes galegos máis consolidados, estes eventos son tamén un importante lugar para as que dan os seus primeiros pasos no sector. 'Nós Diario' intérnase nesa canteira de curtametraxes que vai dar moito que falar e que semella ter en Vigo o seu epicentro.
Unha nova edición do Certame de Curtas da AS-PG.
Audiovisual

A AS-PG abre convocatoria do seu certame de curtametraxes

O certame inclúe unha categoría xeral a "Mellor Curta da X edición", dotada con 1.500 euros de galardón no primeiro posto e 750 euros para o segundo, e un apartado específico para centros de ensino.
2020050815404581779
Cultura

'Limbo' e 'Neno bonito' son cantidatas aos "Goya da curtametraxe"

Descobre as curtametraxes galegas nomeadas aos Premios Fugas, considerados os "Goya da curtametraxe".
Artur Vázquez, caracterizado de Alberte Merlo, le un exemplar de 'Nós Diario'
Cultura

Adaptar a Cunqueiro con humor e reintegracionismo

"O cabalo de Alberte Merlo", relato que asina Álvaro Cunqueiro n'Os outros feirantes, foi vertido para o audiovisual por tres estudantes de bacharelato: Aarón Vilariño, Artur Vázquez e Alejandro G. Pita. Recollendo a premisa do texto, elaboran con humor unha versión propia, que conclúe nunha chamada ao binormativismo como resposta de cordialidade no ano Carvalho.
Fotograma da cutametraxe 'O Castelo da Lúa'
Audiovisual

A lenda do Castelo da Lúa en curtametraxe

A produtora Vou Films estrea en Rianxo unha curtametraxe que trae á actualidade a lenda medieval do Castelo da Lúa. Desde o local e coa colaboración como bandeira, este pequeno colectivo desenvolve a súa actividade audiovisual arredor da divulgación histórica para todos os públicos.
Fotograma de 'Matria' (Sombriza Films)
CULTURA

'Matria', de Álvaro Gago, xa está en aberto na rede

A galardoada curtametraxe Matria, de Álvaro Gago, xa se atopa en aberto na rede. É o agasallo de Nadal do director, que actualmente traballa no guión de Algo parecido á felicidade.
Público na Gala de Clausura  dunha edición anterior do FIC Vía XIV.
CULTURA

O FIC Vía XIV de Verín revelou o seu palmarés na gala de clausura

O Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV pechou na noite do 7 de decembro a súa cuarta edición premiando Los que no sienten, 16 de decembro, The distance between us and the sky, e Places.
Homenaxe a Mabel Rivera no FIC Vía XIV
CULTURA

Mabel Rivera sinala o labor do festival Vía XIV de Verín como dinamizador cultural da contorna

A actriz Mabel Rivera vén de ser homenaxeada na última edición do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín.
Entrega de premios do Curtas Armadiña (Curtas Armadiña)
Curtas Armadiña

«16 de decembro», Áncora de Ouro

Álvaro Gago e Fernando Tato foron os premiados coas Áncoras de Ouro e de Prata, respectivamente, na quinta edición do Curtas Armadiña, que puxo o foco na creación audiovisual galega.
Curtas
De 25 de outubro a 3 de novembro

De naves espaciais e criaturas fantásticas en Vilagarcía

O Festival Internacional de Cinema e Banda deseñada Curtas terá lugar en Vilagarcía de Arousa até o 3 de novembro, onde máis dun cento de obras repartidas entre curtametraxes, documentais, videocreacións e longametraxes poderanse ver nos dez días do festival.

Fotograma de 'Limbo'
Méliès de Prata

'Limbo', de Dani Viqueira, na carreira a mellor filme fantástico europeo

A curtametraxe Limbo, do coruñés Dani Viqueira, foi premiada o pasado 20 de outubro co Mèlies de Prata no Festival Court Métrange de Rennes. Este recoñecemento coloca o filme na competición polo Méliès de Ouro á mellor curtametraxe fantástica europea, que se outorgará en 2020.

fotograma2
Andrés Castro estrea nova curta

Amizade e compañeirismo no Camiño de Santiago

Unha historia de amizade e compañeirismo coa Ruta Xacobea de fondo é o núcleo da nova curtametraxe de Andrés Castro (A Coruña, 1976), codirixida por María Fanjul. Atopando o Camiño estréase este 26 de setembro ás oito do serán no Teatro Principal de Pontevedra.
premiados
Martín Romero dirixiu a mellor peza galega

O humor negro do romanés Muresanu gaña o festival de curtas de Bueu

Cadoul de Craciun, un filme que trata en chave de humor negro a represión na Rumanía de Ceauscescu, gañou a décimo segunda edición do Festival Internacional de Curtas de Bueu. Dirixido por Bogdan Muresanu, fíxose coa Ánfora de Ouro -dotada con 2.000 euros- e mais cos premios a mellor guión e mellor actor para o protagonista Adrian Vancica.
Alfonso Pato
Alfonso Pato, director do festival

“Cans é un festival democrático”

Alfonso Pato (Cans, 1969) é o director do Festival de Cans, proxecto que botou a andar hai quince anos. Nado como un xogo fonético polo seu paralelismo co que se celebra en Cannes nestas datas, Cans é un festival de curtametraxes de produción galega no que galpóns, baixos e cubertos das casas convértense en salas de proxección e onde as asistentes móvense dun lado a outro en chimpíns. Un proxecto no que a aldea participa activamente e que foxe de toda pose e artificio.

Fotograma Matria
CULTURA

Ficciónate estrea a súa terceira edición na Illa de Arousa

O primeiro ciclo galego de cinema de curta duración volve elixir a vila arousá como punto de partida para a súa xira