Renfe abre unha oficina de atención a afectad@s de Angrois... en Madrid

O ministerio de Fomento habilitou un departamento nas instalacións que Renfe ten na avenida Ciudad de Barcelona e informa de que, para alén de procuraren axuda médica, tamén se lles dispensará atención psicolóxica 


A través do teléfono 900 101 660 ou en persoa, nunha oficina creada a pé feito para atender as vítimas do accidente ferroviario de Angrois e que o ministerio de Fomento vén de abrir... en Madrid.

Segundo informa Renfe nun breve comunicado, o departamento que dirixe Ana Pastor habilitou a ofina nas instalacións que a empresa pública posúe no número 6 da avenida Ciudad de Barcelona, primeiro andar.

Para alén de lles prestar atención médica, Fomento anuncia que @s afectad@s "de maneira directa ou indirecta" que requiran axuda psicolóxica poderán desprazarse tamén até estas dependencias. 

Comentarios