OPINIÓN

Compromiso, PNV e CiU presentan en Madrid a súa coligación para as europeas

Compromiso, PNV e CiU presentan en Madrid a súa coligación para as europeas

O secretario xeral da formación galeguista Xoán Bascuas manifestou que a alianza electoral supón ''reeditar Galeuzca''.

compromiso

Madrid foi o escenario elexido por PNV, CiU, Compromiso por Galicia e nacionalistas [email protected] para presentar esta cuarta feira a súa alianza para as eleccións europeas do 25 demaio, 'Coalición por Europa'. No acto estiveron presentes en representación da formación galeguista o seu secretario xeral Xoán Bascuas e o candidato (eleito nun proceso de primarias) Paulo Carlos.

Báscuas, apelou “á cidadanía galega, particularmente a que quere máis país, a que saiba que esta candidatura é sinónimo de representación parlamentaria” e afirmou que “quen en apoie a Compromiso por Galicia farao sabendo que é a proposta claramente galega, sen ningún tipo de dependencia ”.

Para CxG, Galiza debe ter unha presenza directa naqueles órganos da UE en que se tomen decisións que afecten o país. Nesta liña, sinalou que advertiu de que “non abonda con estar no Comité das Rexións, un órgano consultivo; Galicia debe ter acceso directo ao Consello, á Comisión, ao Tribunal de Xustiza e aos órganos nos que de decide o noso futuro”.

Máis en OPINIÓN
comentarios