A paixón pola billarda e empurrar rolos de herba: Chegan as II Olimpiadas Rurais a Meira

Fútbol gaélico, billarda, bolos celtas...mesmo empurrar por un rolo de herba ou guindar unha colmeira (aparello de labranza). @s amantes dos xogos tradicionais teñen unha cita en Meira o sábado, 31 de agosto, na II Olimpiadas Rurais

Meira acolle este sábado, 31 de agosto, a segunda edición das Olimpiadas Rurais, un evento organizado pola Fruga e a Asociación Cultura Eme de Meira e coa colaboración da Deputación, Concello e Xotramu.

Cinco serán os deportes que terán cita nesta edición. Pola mañá será a quenda dos bolos celtas e o fútbol gaélico. E xa pola tarde, billarda, tiro de corda, lanzamento de colmeira ou empurrar o rolo de herba.

Ao longo do día haberá tamén outros xogos tradicionais, así como diferentes actividades e actuacións musicais.

Comentarios