ETA reafirma de forma inequívoca o seu compromiso coas vías exclusivamente políticas

Máis do 80% das e dos militantes de ETA respaldan como estratéxico o abandono da violencia, de acordo cun documento asinado polo Comité Executivo da organización e que foi incautado polo Garda Civil na súa recente operación contra @s avogad@s d@s presos.

Gara
photo_camera Pantallas en que se recollen a decisión de ETA de abandonar as accións armadas

Tal e como con meridiana clareza afirmaron este domingo os dirixentes de EH Bildu Pello Urizar y Bakartxo Ruiz, o proceso de pacificación aberto en Euskadi pola decisión de ETA de pór fin ás súas accións armadas "non ten volta atrás", porque é estratéxica a súa aposta nas vías exclusivamente políticas.

De acordo cunha comunicación interna da organización armada, a liña a favor da loita política ten o respaldo do 80% das e dos seus militantes. Menos dun 5% dos membros de ETA, en concreto o 4,2%, non darían respaldo á ponencia formulada polo Comité Executivo.

Fin ás especulacións

O documento pon fin ás especulacións desatadas por axentes do unionismo, basicamente a imprensa direitista con matriz en Madrid, durante os días posteriores á detención d@s avogad@s d@s pres@s, de acordo con as cais a aposta na pacificación estaría baixo a cuestión no colectivo militante de ETA. Esta cuestión fica clarisimamente desmentida, até o ponto de que, remarca o documento do comité executivo, a renuncia definitiva da violencia é unha decisión que non se fai depender dunha dialéctica negociadora co Estado. ETA ten tomado a determinación inequívoca e irreversíbel, enfatiza o seu Comité Executivo, de non voltar a levantar ningunha estrutura de carácter militar.

Aliás, ETA fai unha leitura política do cenario criado en Euskal Herria apartir da súa "histórica decisión" do abandono das accións armadas. Felicítase dos avanzos rexistados na "correlación de forzas", en alusión ao crecimento eleitoral de EH Bildu, mas constata ao tempo "o bloqueo e involución dos Estados", cunha clara crítica á "actitude obstrucionista das sucursais que as forzas estatais teñen en Euskal Herria", cuxo proxecto é dinamitar o que chaman proceso de transición suxeitando do seu lado "a burguesía basca e o autonomismo".

Fotografía tirada de Naiz.Com

Comentarios