Compromiso pide á Fiscalía que investigue a contabilidade B do PPdeG desde que Feijóo é o seu presidente

A Fiscalía debe estudar se existe ou non "algún tipo de indicio delictivo" detrás das distintas informacións xornalísticas publicadas nos últimos meses polos meios en relación co financiamento irregular do PPdeG.

Xoán Bascuas, candidato de CxG
photo_camera Xoán Bascuas, candidato de CxG

Nestes termos pronunciouse hoxe o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, após entregar un escrito nese sentido na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

A formación galeguista quer que se investiguen as contas do PPdeG desde o momento, ano 2006, en que Feijóo accedeu á súa presidencia.

Bascuas declarou que Compromiso recorre á Fiscalía ante a "ausencia de explicacións" dadas por Feijóo, mas tamén perante a "incapacidade da oposición" para forzalo a dalas.

Compromiso recorre á Fiscalía ante a "ausencia de explicacións" dadas por Feijóo, mas tamén perante a "incapacidade da oposición" para forzalo a dalas

Nas súas declaracións aos meios, Bascuas fixo referencia expresa ás revelacións realizadas por Luis Bárcenas en virtude das cais empresas que terían financiado ao PP galego terían obtido en troca contratos públicos por importe de 2,6 millóns de euros.

Comentarios