Compromiso convida a facer un acto “unitario” e “cívico” o 25 de Xullo

Sería un recoñecemento a Castelao e Rosalía, complementario aos actos que os diversos partidos terán ese día

Xoán Bascuas, candidato de CxG

Compromiso por Galicia fai un chamamento a “todas as organizacións políticas, sindicais, culturais, sociais e de toda índole do noso País” para o vindeiro 25 de xullo tomar parte nun acto “cívivo” e “unitario”. Compromiso por Galicia avoa `por facer unha homenaxe “popular, do conxunto do País” á Rosalía de Castro e Daniel Castelao.

Xoán Bascuas, secretario xeral de CxG, sinala as ventaxes de co-organizar en réxime de auto-convocatoria un acto nacional que en ningún caso pretende substituír as actividades previstas por partidos, institucións ou outras entidades para o vindeiro Día da Patria.

Para Bascuas, un acto destas características, “é de interese do conxunto do país e que debería estar participado pola maioría do tecido asociativo de Galiza, sen exclusións e sen protagonismos partidistas”

Comentarios