star
CONTRACULTURA
Irene García ('Unha vida viquinga'): "Falamos do mundo viquingo como se fose algo homoxéneo, cando non hai ningunha cultura así"
17/xul./24
Irene García (Elche, 1984) é a comisaria da exposición Unha vida viquinga, inaugurada a semana pasada na Cidade da Cultura, Compostela, co obxectivo de amosar a diversidade existente dentro desta cultura así como as diferentes etapas polas que pasaban as persoas nestas sociedades.