INTERNACIONAL
"O asalto ao Capitolio non ocorrería sen Trump"
23/dec./22
O comité do Congreso que investigou durante o último ano e medio a invasión do edificio por parte de simpatizantes radicais do ex presidente conclúe que foi o propio Donald Trump o máximo responsábel. Os congresistas piden para el a inhabilitación total e que sexa axuizado pola presunta comisión de catro delitos, entre eles o de insurrección.