Xustiza

Nova condena ao Sergas: deberá indemnizar con 100.000 euros a familia dun mozo que morreu de cancro pola demora

A diagnose atrasouse até un ano e os síntomas xa eran "notorios e evidentes", recolle a sentenza, polo que o tribunal, na sentenza de primeira instancia que o Goberno galego recorreu perante o TSXG mais cuxo relato non se modificou agora, estima que o paciente sufriu unha "defectuosa atención sanitaria sufrida polo atraso diagnóstico e terapéutico".
#cancro A demora dun ano na diagnose derivou en "numerosos ingresos" do paciente nas Urxencias. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A demora dun ano na diagnose derivou en "numerosos ingresos" do paciente nas Urxencias. (Foto: Nós Diario)
Comentarios