caixas

Abanca17
star
ECONOMÍA

As caixas galegas, unha historia de espolio, drenaxe do aforro e corrupción

Ourense acolleu esta segunda feira a presentación do libro Caixa Ourense (1933-1999). Sete décadas de aforro popular provincial. O volume percorre a historia da entidade desde a súa fundación en 1933 até a súa fusión en 1999 con Caixa Vigo. Unha viaxe chave para entender o presente do sistema financeiro galego.

En primeiro plano, Alberto Núñez Feixoo; ao fondo, Pedro Sánchez e Nadia Calviño, hoxe, no Congreso. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
Debate de investidura

Sánchez deixa en evidencia con datos a xestión de Feixoo na Xunta: "Nin moderado, nin experto, nin bo xestor"

Feixoo responde alegando as súas vitorias nas urnas fronte a un Sánchez que será "dúas veces presidente" despois de "perder".
Abanca anunciou en 2021 que fechaba a sucursal de Campo Lameiro, na comarca de Pontevedra. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
star
ECONOMÍA

67.000 persoas na Galiza están en risco de exclusión financeira pola falta de oficinas

O tamaño da rede comercial das entidades de depósito na Galiza continuou descendendo nos últimos anos en oficinas e en persoal, incrementando a concentración do sector. Con esta situación parte da poboación corre o perigo do non poder acceder ao servizo.
No centro, Alberto Núñez Feixoo, quen liderou o proceso de fusión das caixas galegas, cos directivos de Caixa Galicia e Caixanova. (Foto: Europa Press)
star
Análise

Quen gañou na gran crise financeira?

Aleixo Vilas é economista, profesor da especialidade de Formación e Orientación Laboral.
De esquerda a dereita, José Luis Méndez López (Caixa Galicia), Julio Fernández Gayoso (Caixanova), Alberto Núñez Feixoo (Xunta da Galiza), Mauro Varela (Caixa Galicia) e José Luis Pego (Caixanova). (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O PP denega dar información sobre a fusión das caixas

A comisión de investigación leva unha década sen actividade.
Núñez Feixoo celebra en 2010 a fusión das caixas galegas coas súa directivas (Imaxe: Europa Press).
star
A comisión parlamentaria de investigación paralizada

A quebra das caixas galegas, baixo sospeita

A investigación das causas da quebra das caixas galegas continúa pendente. Transcorrido practicamente un ano desde que o Parlamento da Galiza acordou pór en marcha unha nova comisión para aclarar os motivos da desfeita do sistema financeiro galego e buscar os responsábeis daquel desastre económico, os traballos aínda non comezaron. Se a xestión das equipas directivas e os fallos nos mecanismos de control público provocaron unha situación delicada en Caixa Galiza e Caixanova, as decisións posteriores das autoridades galegas e españolas remataron por provocar o colapso. 
Asemblea Xeral de Caixa Rural Galega
ECONOMÍA

Caixa Rural Galega aproba as contas 2020 con niveis de crecemento récord

A anual Asemblea Xeral de Caixa Rural Galega decorreu no sábado 3 de xullo coa presenza do Consello Reitor da cooperativa de crédito, presidida por Manuel Varela, e os representantes das Xuntas Preparatorias. Aprobaron as contas anuais de 2020, que acadaron un beneficio neto de 5,75 millóns de euros, co que xa levan sete anos consecutivos incrementando os resultados.
Sesión de constitución no Parlamento da Galiza da comisión de investigación das caixas. (Foto: Parlamento da Galiza)
Análise

A quebra das caixas segue sen explicación

A comisión que investiga a quebra das caixas galegas volve estar activa no Parlamento da Galiza, mais son moitas as dúbidas sobre os seus resultados. Mentres o presidente da institución, o popular Miguel Santalices, aposta por un ditame en breve, as forzas da oposición cuestionan esa posibilidade.
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Santalices supón "que si" haberá ditame sobre a fusión das caixas neste mandato

O representante tamén destaca que, na situación de crise sanitaria e económica actual, "esta ha de ser a lexislatura das persoas". "O Parlamento vai ter que estar á altura", asume nunha entrevista radiofónica.
Comisión de investigacion da fusión das caixas no Parlamento (Europa Press)
POLÍTICA

A comisión de investigación das caixas despachou en 12 minutos a única reunión de 2020

A Xunta esgotou os prazos xudiciais para trasladar ao Parlamento a documentación relativa ao proceso de fusión, que se investiga na comisión, aprobada pola Cámara en outubro pero que non se constituíu até decembro.
A ex conselleira de Facenda Marta Fernández Currás presentou en 2010 o informe de KPMG como se fose unha auditoría externa que avalaba a fusión das caixas (Imaxe: Xunta da Galiza).
POLÍTICA

A Xunta avalou a fusión das caixas sen unha análise das contas que presentaron as propias entidades

Entregou, por orde xudicial, o informe redactado pola ex conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás no que o Consello da Xunta baseou a súa luz verde á operación. "É un informe pouco rigoroso, no que non se xustifica o apoio á fusión en ningún informe nin interno nin externo, dando por bos o plan e as contas presentados polas caixas e sen realizar o labor de fiscalización nin control que tiña que realizar a Xunta da Galiza", valora o ex deputado Antón Sánchez.

As caixas retornan ao escenario

Factoría de Frigalsa, pertencente ao grupo Iberconsa en Teis
A crise das caixas favoreceu o capital foráneo

Os fondos de investimento estranxeiros fanse co complexo pesqueiro galego

O capital estranxeiro está a colonizar sectores chaves da economía galega. A pasada semana o Instituto Galego de Estatística facía público un estudo onde sinalaba que 82% do sector enerxético e 61% da industria metalúrxica estaban en mans de grupos foráneos. O complexo pesqueiro non escapa a esa realidade.

Ana Pontón ensina no parlamento unha foto de Feixoo celebrando con directivos das caixas a súa fusión
POLÍTICA

O Parlamento acorda investigar a fusión e bancarización das caixas

Esta lexislatura contará tamén cunha comisión de investigación sobre a fusión, bancarización e venda das caixas de aforros galegos. É a terceira vez que se crea e desde a oposición pediron ao PP que non a volva "secuestrar" e facer fracasar e que permita que se esclareza o "fiasco" dunha fusión avalada por Núñez Feixoo. 

Caixas

EuropaPress_3351223_titular_gobierno_gallego_alberto_nunez_feijoo_rueda_prensa_consello_xunta
ECONOMÍA

Feixoo amósase “sorprendido” polo auto xudicial sobre as caixas

O representante da Xunta recorda que a fusión das entidades financeiras galegas foi aprobada polo Banco de España. No entanto, a oposición xa reclama que se recupere a comisión de investigacións sobre este asunto.

 

Fernández Gayoso (Caixanova), Núñez Feixoo e Méndez (Caixa Galicia) nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A oposición exixe retomar a comisión de investigación das caixas de aforro

O auto da Audiencia Nacional que desmonta o argumento esgrimido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para xustificar a fusión das antigas caixas de aforro acende a oposición, que exixe a súa comparecencia inmediata e a reactivación da comisión de investigación no Parlamento galego.
Núñez Feixoo celebra en 2010 a fusión das caixas galegas coas súa directivas (Imaxe: Europa Press).
ECONOMÍA

A Audiencia Nacional cuestiona o papel da Xunta na fusión das caixas galegas

Responsabiliza Caixa Galicia da quebra de NCG e considera que Caixanova podería “vivir por si propia”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, en rolda de prensa (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

Feixoo asegura que se entregará a documentación das caixas: "Non hai nada que ocultar"

Unha condena do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza condenou a Xunta por impedir o acceso do deputado Antón Sánchez a documentos relativos á fusión das caixas galegas. A comisión de investigación sobre a operación, que rematou co rescate estatal e a compra da entidade por Banesco, nunca obtivo resultados.
Núñez Feixoo celebra en 2010 a fusión das caixas galegas coas súa directivas (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

A Xustiza levanta o veo da fusión das caixas ás portas das eleccións

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza condena a Xunta por vulnerar o acceso a información pública semanas antes das eleccións do 12 de xullo. A comisión que investigou a fusión das caixas non chegou a ningunha conclusión tras sete anos.