Colombia anuncia que buscará integrarse no grupo Brics, e o Brasil "promoverá" a súa candidatura
Na declaración conxunta despois da reunión do presidente colombiano, Gustavo Petro, e brasileiro, Lula da Silva, Petro comunicou na madrugada da quinta feira o seu interese en sumarse ao grupo Brics o antes posíbel, o que foi acollido “con beneplácito” por Lula, que “se comprometeu a promover a candidatura de Colombia” e propuxo unha “alianza estratéxica” bilateral para incrementar o peso internacional de ambos os dous países.
Atopados no Brasil nove cadáveres de migrantes que se terían dirixido ás Canarias
Anomia, Conspiração e a Sombra da Liberdade
Earth Sight vincula Inditex e H&M á deforestación ilegal, ao roubo de terras, á corrupción e á violencia
O Estado brasileiro pide perdón a pobos orixinarios pola persecución que sufriron e abre a porta a avanzar nas súas demandas
Detidos os tres supostos autores intelectuais do asasinato de Marielle Franco: un deputado, un comisario e un funcionario
A Policía Federal arrestou o deputado dereitista, Chiquinho Brazao, ao comisario retirado, Rivaldo Barbosa, e a Domingos Brazao, que integra o Tribunal de Contas de Río.
Os ex xefes do Exército e das Forzas Aéreas do Brasil acusan Bolsonaro do golpe de Estado
Marco Antonio Freire Gomes, ex comandante do Exército brasileiro, testemuñou ante a Xustiza que o ex presidente de extrema dereita, Jair Bolsonaro, e o ex ministro de Defensa, Paulo Nogueira, lle presentaron dúas versións dun plan para executar un golpe de Estado e que Bolsonaro se mantivera no poder, revelou a terza feira o xornal O Globo. Carlos de Almeida Baptista, ex xefe das Forzas Aéreas, tamén responsabilizou o ex mandatario.
As eleccións de Galiza na comparativa internacional
Lula contra genocídio e por nova ordem mundial
O Brasil logra un consenso no G20 para reformar a gobernación global
O CCG deposita obras de Rosalía de Castro na nova biblioteca que leva o seu nome no Brasil
Suráfrica di que o 'apartheid' imposto por Israel é "aínda máis extremo" que o vivido durante décadas no país africano
Entre muitas extorsões possíveis
Ivony Lessa é jornalista e historiadora brasileira.
Lula reduciu no seu primeiro ano de mandato á metade a cifra de persoas que pasan fame no Brasil
Porén, o país continúa no Mapa da Fame da FAO, no que reingresou co Goberno de Bolsonaro.
As relações Brasil-China e a questão de Taiwan
Rexistran a casa dun dos fillos de Jair Bolsonaro entre acusacións de espionaxe ilegal
A casa e o despacho de Carlos Bolsonaro, un dos fillos do ex presidente de extrema dereita do Brasil entre 2019 e 2022, Jair Bolsonaro, foron rexistrados hoxe polas forzas de seguridade no marco dunha investigación por espionaxe ilegal no mandato do pai, após a operación da semana pasada para desarticular a trama na Intelixencia brasileira e na Polícia Federal, que afirmou que está a “avanzar sobre o núcleo político” do grupo criminal.