Opinión

Ouro preto na voz dos poetas da inconfidencia

Os poetas mineiros ofrendaron con ardor e emoción os seus cantos líricos á cidade de Ouro Preto. Esa presencia poética matiza cada unha das súas particularidades artísticas e paisaxísticas que entenrecen ao visitante e máis ao lector sobre a idílica comprensión dos poetas ante ese maxestoso promontorio telúrico cargado de dons e de misterios artísticos.

Aquela Vila Rica, despois Ouro Preto, está marcada pola obra dos poetas que aquí naceron, viviron e pasaron. Sen esa obra e sen esa acción, o Brasil sería mais pobre historicamente. A independencia do Brasil comezou en Ouro Preto e os axentes intelectuais foron tres poetas coñecidos co nome de “inconfidentes”. Os tres nacidos en Portugal mais desenvolveron o primeiro proceso independentista. Referímonos a Cláudio Manuel da Costa, a Tomás António Gonzaga e a Alvarenga Peixoto. Da Costa, escribe en 1773 o seu poemario: “Vila Rica”, evocando os diversos atributos de súas xeografías e remata o libro con estes versos: “Enfim serás cantada, Vila Rica, / Teu nome impresso nas memorias fica; / Terás a glória de ter dado o berço / A quem te faz girar pelo Universo”. Gonzaga foi o guieiro de levarnos ao núcleo da arte e da sabenza: “Toma de Minas a estrada, / Na Igreja Nova, a que fica / Ao direito lado, e segue / Sempre firme a Vila-Rica”. Peixoto, significouse nesta metáfora: “Eu vi a linda Jônia e, namorado, / Fiz logo voto eterno de querê-la”.

Estes tres poetas da “Inconfidencia”, que infundiron fervor independentista do Brasil, están no sosego lírico e épico dese enxalzamento que a insuperábel poeta, Cecilia Meireles, puso en alzado monumento literario aqueles aconteceres nese seu documental poético, titulado: “Romanceiro da Inconfidência”. É o libro das glorias e dos sosegos integracionistas e federativos do Brasil, no dicir da enorme Cicília Meireles: “Adeus, adeus, Vila Rica, / onde é de ouro o próprio pó! / Adeus, que tudo nos tira / o bravo tempo agresor”. “Romanceiro da Inconfidência”, da carioca Cecília Meireles é un poemario clave no que nos revela os portentos históricos, económicos e da loita dos inconfidentes, para rematar con estes versos: “(Ai, Ouro Preto, Ouro Preto, / e assim foste revelado)”.

En Ouro Preto naceu un dos grandes poetas mineiros, como foi Alphonsus Guimaraens, que se nutriu desa sensibilidade mística que Ouro Preto e Mariana destilan. Outro dos grandes valores da poesía mineira foi Murilo Mendes, autor do poemario: “Contemplação de Ouro Preto” (1949-50), no que di: “Desdobram-se as montanhas de Ouro Preto / Na perfurada luz, en plano austero. / Montes contempladores, circunscritos / Entre cinza e castanho, o olhar domado”.

Alén dos poetas de Minas Gerais a evocación a Ouro Preto continúa, poñamos como mostra a outro grande da poesía brasileira, o pernambucano Manuel Bandeira, que subliña así estas terras mineiras: “E avulta apenas, quando a noite de mansinho/ Vem, na pedra-sabão lavrada como renda, / -Sombra descomunal, a mão do Aleijadinho!”

A este cerimonial de homenaxes sumamos ao grande vulto da poesía brasileira, o mineiro Carlos Drummond de Andrade. No poema titulado: “Ouro Preto, Livre do Tempo”, ofrécenos estes versos: “Ouro Preto fala com a gente / de um modo novo, diferente” (...) “Ouro Preto, mais que lugar / sujeito à lei de finitude, / torna-se alado pensamento / que de pedra e  talha se eleva / à gozosa esfera dos anjos”. Nesta evocación encontramos a Alphonsus de Gimaraens Filho: “Sobre esta cidade: “Chovia na carne, na alma. / Chovia para sempre. / Em Ouro Preto como en qualquer cidade. Para sempre”.

Vemos en todos estes escollos que a longa tradición evocativa continua. Unha das novas voces mineiras, a de Andityas Soares de Moura (1979), no libro: “Fomeforte”, encontramos estes versos: “Ouro Preto / Muito bem / sem mitos / sen casarios / cidade calcada / aquí, se colhe / rocha / pavio / enxada / porta de grama / aquí, alguem / esquece o nome”. Andityas Soares de Moura, loa neste libro a nobreza artística do Aleijadinho que nos deixou na igrexa de San Francisco de Asis: “São Francisco de Assis, / Em tua nave central / guardas / o grão de minério // ternas tintas / fizeran-te / protetora do / esquecimento / e quando teus anjos cantavam e / soavam instrumentos / variados / era minha mão que / tremia e esculpia / o / mármore imemorial: / os séculos / te levantarão”.

Andityas levoume a Ouro Preto, Mariana e Congonhas, ao verce das liberdades da nación brasileira, ao centro e ímpeto da Inconfidencia, dese enorme monumento dedicado ao xefe da Inconfidencia mineira, Joaquim da Silva Xavier, mais coñecido polo Tiradentes (polo seu oficio de tiramoas). Non deixei de ollar esa altura e mesmo a dimensión do seu pensamento de liberdade. Fascinante historia do Brasil e súas loitas de independencia e de loita de clases. A poesía dos inconfidentes, procurou batallas de liberdade literaria, e gañou.