Agresións ao galego

IES lucus augusti, de Lugo, con simboloxia franquista
LINGUA

As funcionarias galegófobas: “Ojalá volviese Franco”

A usuaria que denunciou discriminación lingüística por parte de 2 empregadas públicas da delegación da xunta en Lugo afirma que estas fixeron apoloxía do franquismo durante varios tramos da conversa con ela.

Cee Pleno
PP, PSOE E CS VOTARON EN CONTRA

O Concello de Cee volverá presentar o regulamento do galego cun informe xurídico

Os votos a favor de IxC, grupo de goberno, e do BNG non foron suficientes para aprobar en Cee o regulamento de impulso social ao galego, que terá que volver levar a pleno acompañado dun informe xurídico.

CAMPAñA NAS REDES SOCIAIS

O portal de viaxes TripAdvisor exclúe as opinións en galego

O coñecido portal de viaxes TripAdvisor exclúe as opinións escritas en galego. En protesta, a Mesa pola Normalización Lingüística lanza unha campaña nas redes sociais para facerlle ver a TripAdvisor que “o galego existe e que as galegas e galegos temos opinión”.

LINGUA

Xustiza rexeita a denuncia polo asasinato machista de Ourense por estar en galego

O Ministerio insta a Marcha Mundial das Mulleres a redixir o escrito en castelán.

Belen tajes
Só en papel

Dar a cara polo galego

Cada vez é maior o número de persoas que, conscientes da exclusión do idioma, tiran de valentía e fan públicos casos de discriminación lingüísticas

Valentín García (Foto: Nós Diario).
O SXPL ACHA QUE O CENTRO VULNERA A LEI DE SERVIZOS SOCIAIS

Valentín García ve "ignoración dos dereitos lingüísticos" no caso Jungle World

Valentín García é o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza. Conversamos con el sobre o caso de Jungle World, que lles remitiu ás traballadoras unha circular na que se lles informa da exclusión do galego nas actividades deste centro infantil.

Anxo Louzao e Marcos Maceiras
LINGUA

SXPL reúnese coa CIG e a Mesa polo conflito en Jungle World

Ambas as dúas organizacións instaron o responsábel de Política Lingüística a garantir que se cumpran os dereitos lingüísticos no centro infantil.

Anxo Louzao e Marcos Maceiras
DENUNCIAN QUE INCUMPRE A LEI

CIG e Mesa diríxense a Política Social por Jungle World discriminar o galego

Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística entregaron esta sexta feira na Xunta un escrito dirixido ao conselleiro de Política Social co fin de que garanta os dereitos lingüísticos en Jungle World.

LINGUA

Jungle World apela á súa condición privada para xustificar a exclusión do galego

Através dun comunicado difundido na rede social Facebook sinala que é "absolutamente falso" que poida calificarse como "racismo lingüístico" a súa actuación e acusa a CIG de "persecución sindical".

Belem Tajes
BELéN TAJES, VÍTIMA DE DISCRIMINACIóN LINGüíSTICA

"Non temo ser despedida porque estou orgullosa de denunciar o meu caso"

Belén Tajes é a profesora de música á que o centro infantil coruñés de ensino non regrado Jungle World lle impide empregar o galego na actividades coas crianzas. Nesta conversa explícanos como se sente despois de dar o paso de denunciar publicamente o seu caso xunto á Mesa pola Normalización Lingüística e á CIG-Ensino.

A MESA E A CIG DENUNCIAN A VULNERACIóN LINGüíSTICA

Un centro infantil da Coruña impídelles ás profesoras empregar o galego

Jungle World, centro infantil situado no centro da Coruña, vén de remitirlles ás traballadoras unha carta na que expresamente se lles impide o uso do galego nas actividades que desenvolven. 

1597292_670474643002920_1647302924_o
MARíA XESTAL

"Pedirían a un inglés ou a un francés que redixisen en castelán a súa reclamación?"

Conversamos con María Xestal, a persoa que denunciou a discriminación lingüística sufrida após serlle negada a posibilidade de presentar unha reclamación na petroleira Cepsa por estar redixida en galego.

Cepsa
POLA INSALUBRIDADE DOS BAñOS

Denuncian Cepsa por impedir formular unha queixa en galego

“Lo sentimos María pero damos apoyo en castellano”. Así lle contestou a empresa petroleira Cepsa a unha usuaria dunha gasolineira tras querer formular unha reclamación en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística xa iniciou os resortes para denunciar este novo caso de discriminación.

casasnovas
LINGUA

A Xunta descarta actuar no caso da humillación na hípica Casas Novas á nena galego-falante

A Mesa lamenta que o conselleiro de Educación e Cultura dea por boas as explicacións do centro hípico que se basean no argumento de que todo se debeu a unha malinterpretación. A MNL fala de “cumplicidade nun caso gravísimo de racismo lingüístico”. Vídeos no interior.

Guardia Cicil-Vox populi
Só en papel

A Garda Civil négase a atender unha consulta por ser en galego

Un veciño de Gondomar, Xosé Luís A., viu como en reiteradas ocasións lle ordenaban falar en español e non en galego para que a súa solicitude fose atendida polo instituto armado. Negouse a cambiar de idioma e a petición ficou sen cursar.

IMG_1682
A NENA DISCRIMINADA EN CASAS NOVAS

"Grazas a vós síntome máis acompañada"

A rapaza, de dez anos, remitiu unha carta á Mesa pola Normalización Lingüística na que afirma que o seu "propósito" é que ninguén sexa discriminado por falar en galego. 

Valentín García (Foto: Nós Diario).
LINGUA

Política Lingüística pide explicacións a Casas Novas pola humillación á nena por falar galego

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García dixo que “de se confirmar” a humillación a unha nena por usar galego no centro hípico Casas Novas estaríamos perante un "feito inaceptábel”. A Xunta solicitou a versión da empresa mais considera que se trata de “conflitos moi puntuais”. 

EN RESPOSTA á MESA POLA NORMALIZACIóN LINGüíSTICA

O Centro Hípico de Casas Novas nega “discriminación ou menosprezo”

O Centro Hípico de Casas Novas vén de responderlle á Mesa pola Normalización Lingüística que as afirmacións da asociación sobre a humillación sufrida pola nena de dez anos nunha das actividades de verán “só poden deberse a una interpretación errónea dos feitos”.

Concentración diante de Casas Novas
CONCENTRACIÓN PERANTE O CENTRO HÍPICO

A Mesa esíxelle á Xunta que actúe contra Casas Novas por discriminar a nena galegofalante

Un cento de persoas concentráronse esta mañá diante das instalacións de Casas Novas (Arteixo), propiedade da familia de Amancio Ortega, para denunciar o caso da nena de 10 anos humillada no centro hípico por falar galego e para reivindicar o respecto pola lingua propia do país.

cabalo
NAI DUNHA CRIANZA GALEGO-FALANTE DISCRIMINADA

“O que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego”

Os ataques por falar galego foron tan fortes que a nena abandonou o campamento de verán en Casas Novas, malia o moito que lle gustan os cabalos. A empresa, da familia de Amancio Ortega, devolveulle os cartos. A nai da nena, que prefire reservar a súa identidade, cóntanos como viviron a represión polo uso do galego no centro hípico.