A Sega

A autora María Mariño. (Foto: RAG)
CULTURA

A poeta María Mariño, nomeada Señora das Letras 2024

Xa en 2007 a RAG dedicáralle o Día das Letras Galegas.

Memoria contra a cinsa

Participantes no X Día das Galegas nas Letras. Aurora Marco, no centro, entre o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e a escritora Susana Sánchez Arins (Foto: AC Barbantia).
star
CULTURA

O Día das Galegas nas Letras premia o traballo divulgador de Aurora Marco

A localidade barbancesa de Ribeira foi escollida este ano pola plataforma de crítica literaria A Sega para honrar o traballo ensaístico da investigadora Aurora Marco (Noguera de Albarracín, Teruel, 1948), autora que difundiu a vida e a obra de numerosas mulleres galegas. 
A investigadora Aurora Marco é catedrática xubilada de Didáctica da Lingua e Literatura Galega da USC (Foto: Pablo Ces).
CULTURA

Aurora Marco, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2023

A plataforma A Sega comunicou este sábado que a escritora é a elixida como a Nosa Señora das Letras
Un momento do roteiro guiado por Susana Aríns na Coruña, cidade de Luísa Villalta.
CULTURA

A cultura volve convocar Luísa Villalta

O Día das Galegas nas Letras homenaxeou este ano Luísa Villalta, xusto despois de que a súa candidatura para ser a protagonista do Día das Letras Galegas decaese en favor da de Fernández del Riego. O colectivo A Sega, porén, continúa a reivindicar a obra e o pensamento da autora da Coruña.
luísa villalta - foto AELG
CULTURA

Luísa Villalta, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2022

O colectivo A Sega escolle a escritora e filóloga falecida como A Nosa Señora das Letras deste ano e salientando o seu compromiso.

Marxes

A escritora Uxía Casal nunha imaxe de arquivo. (Foto: Eduardo Castro Bal)
CULTURA

Uxía Casal será a homenaxeada no VIII Día das Galegas nas Letras

O colectivo A Sega escolle a esta escritora de literatura xuvenil de ficción científica e "raíña da retranca" como A Nosa Señora das Letras deste ano. A escritora ten seis obras individuais publicadas, así como libros colectivos.
68704617_2465657733519323_1487062401093206016_o
CULTURA

A Sega fai un chamamento para "cultivar cultura" en tempos de confinamento

A plataforma de crítica literaria feminista galega
xela arias - foto aelg
15 de agosto, Día das Galegas nas Letras da Sega

Celebrar a poesía á intemperie de Xela Arias

Apenas catro libros publicados entre 1986 e 2003 e dous inéditos compoñen a obra completa de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), espida e radical, tensa e singular. Abondo para que sexa influínte e reivindicada polas novas promocións de escritoras. As agrupadas na plataforma de crítica feminista A Sega celébrana este 15 de agosto en Vigo: é o Día das Galegas nas Letras.
xela arias
Galega nas Letras da plataforma A Sega

Xela Arias, a poeta que “arrasou os marcos”

A poeta “arrasou os marcos” e “desbotou as imaxes para quedar coas palabras”. “A treboada apoiada no permanente espello”. Transgresora e transcendete. Así é a poeta Xela Arias para a plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que a honrará este ano coa distinción Galega nas Letras.
 

xela arias - foto aelg
Críticas feministas renden homenaxe a Xela Arias

"Poeta independente de seu e agasallo para todas"

A plataforma de crítica literaria feminista A Sega e a libraría compostelá Chan da Pólvora, especializada en poesía, organizan o vindeiro 26 de febreiro unha homenaxe á poeta Xela Arias.
 

Integrantes da Sega con Marica Campo no parque da Milagrosa, en Lugo
V DÍA DA GALEGA NAS LETRAS

A Sega celebra a vida de Marica Campo

 

O parque da Milagrosa, en Lugo, converteuse no epicentro da actividade da plataforma de crítica literaria A Sega para homenaxear Marica Campo (O Incio, 1948)  no V Día das Galegas nas Letras. Un acto lúdico e reivindicativo do papel da muller na literatura.

Screen Shot 2018-05-14 at 11.10.11
Evocación de María Victoria Moreno

Leccións de vida

Nos primeiros meses do 2005 decidimos enviar a novela Donde el aire no era brisa ao X Premio de Novela Corta Manuel Díaz Luís do concello de Monleón, en Salamanca. Cando a miña esposa recibiu a chamada telefónica anunciándolle que resultara gañadora do premio, encheuse de xúbilo. Había moito tempo que non a vía tan leda e axiña comezamos a preparar a viaxe: ela, a súa 

filla 

e 

máis eu.

librosamonte
Este domingo na Coruña

Libros a Monte, un espazo onde ser e lembrar

A plataforma de crítica literaria feminista A Sega organiza este domingo na Fundación Seoane da Coruña unha xornada gratuíta para todos os públicos.

Marica Campo
CULTURA

Marica Campo, protagonista do V Día das Galegas nas Letras

A escritora vén de ser elixida como Señora das Letras 2018, a celebración argallada pola Sega para salientar a figura dunha muller que contribuíse de forma destacada á cultura en xeral e á literatura en particular. Podes ler o manifesto no interior.

IDíadasGalegas
CULTURA

O 15 de agosto, Día das Galegas nas Letras en Compostela

A protagonista será Patricia Janeiro, Señora das Letras 2017, e a xornada discorrerá entre roteiros, lectura de manifesto, xantar popular, obradoiros e espectáculos variados. 

18452173_10156195703372846_1006578700_o
CULTURA

Patricia Janeiro, protagonista do IV Día das Galegas nas Letras


A escritora compostelá vén de ser elixida como Señora das Letras 2017, a celebración argallada pola Sega para salientar a figura dunha muller que contribuíse "de forma sobranceira" á cultura en xeral e á literatura en particular. 

1275646207476queizan_maria_xose_2006
CULTURA

María Xosé Queizán, elixida como Galega Nas Letras deste ano

Este ano celébrase a terceira edición do Día das Galegas nas Letras, e a escritora escollida é a viguesa María Xosé Queizán. Incluimos manifesto no interior.