Luísa Villalta, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2022

O colectivo A Sega escolle a escritora e filóloga falecida como A Nosa Señora das Letras deste ano e salientando o seu compromiso.
luísa villalta - foto AELG
photo_camera luísa villalta - foto AELG

Luis Villalta foi unha das escritoras chave na transición entre as xeracións poéticas dos 80 e dos 90. Pioneira da virada feminista da poesía galega da época, publicou catro libros. En concreto (2004) no ano da súa morte, 2004. Luísa Villalta tiña entón 47 anos.

A plataforma de crítica literaria A Sega vén de anunciar que o Día das Galegas nas Letras homenaxeará este ano a Luisa Villalta. "Celebrámoste desde ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo, dese pobo que foxe de si mesmo, dunha literatura, dunha lingua, no foro da cultura. Ti, na liberdade, da contra-ética do poder, indican desde A Sega no manifesto.

A escritora nacera na Coruña en 1957. Na poesía debutara con Música Reservada (Ediciós do Castro, 1989). Despois, deu ao prelo Ruído (Espiral Maior, 1995), Rota ao interior do ollo (Ediçoes Tema, 1995) e En concreto (Espiral Maior, 2004), talvez a súa obra máis acabada.

 

Orixe deste recoñecemento

A Nosa Señora das Letras é un título creado hai xa nove anos para destacar a figura daquelas mulleres que contribuíron á cultura galega en xeral e, sobre todo, á literatura. O ano pasado a honra foi para escritora de literatura xuvenil de ficción científica e "raíña da retranca" Uxía Casal.

Esta iniciativa do colectivo comezou en 20014, cunha dedicatoria a Dorothé Schubarth.  2014, dedicándollo a  Dorothé Schubarth. Ao longo dos anos foron destacadas María Victoria Moreno, María Xosé Queizán, Patricia Janeiro, Marica Campo, Inma Antonio e Xela Arias.

O manifesto

Reproducimos a seguir mo manifesto da Sega:

No mesmo lado, o compromiso.

Celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo, dese pobo que foxe de si mesmo, dunha literatura, dunha lingua, no foro da cultura.

Ti, na liberdade, da contra-ética do poder.

Lémoste e sentímoste na arela dun teatro de nós que te abrigue e nos abrigue, dramaturga, que nos adentra no paseo das esfinxes e nas certezas de Ofelia.

Lémoste e aprendemos, ensaísta, que nos enreda na ecuación teatral de Don Hamlet, para nos mostrar esa obra enteiramente nova; para nos levar ao outro lado da música, para nos guiar pola poética, sobre un certo estado de conciencia e nos erguer desde a prensa o libro das columnas.

Lémoste e gozamos, narradora, da lingua coa que nos convocas, nesa teoría de xogos en que lle dás a man ás afinidades electivas, para andarmos mundo; a lingua que non se pode chamar silencio, e por iso nos legas as chaves do tempo para abrirmos ao futuro o reino que un día perdemos.

Ti, que sabes do couto á liberdade, do silencio, da banalización, das estratexias para neutralizar o discurso ético e literario.

Lémoste, poeta, e gozamos e cantamos e a música reservada estoupa e xorde o ruído e soñámoste co violín e préndensenos as túas palabras coas que vestimos minutos de poemas polo papagaio nunha rota ao interior do ollo contigo no outro lado da música, na Cidade Alta.

Ti, que reclamas a liberdade de ser escritora galega nunha Galiza viva e democrática.

Galiza, esa palabra, que pronunciaches con boca chea.

Ti, que dixeches isto é tamén unha muller que resiste.

Igual que un tigre ignora a tigritude:

Salta.

Penelopetece o tecido do regreso.

Celebrámoste, gozamos, saltamos contigo, LUÍSA VILLALTA.

Comentarios