Evocación de María Victoria Moreno

Leccións de vida

Nos primeiros meses do 2005 decidimos enviar a novela Donde el aire no era brisa ao X Premio de Novela Corta Manuel Díaz Luís do concello de Monleón, en Salamanca. Cando a miña esposa recibiu a chamada telefónica anunciándolle que resultara gañadora do premio, encheuse de xúbilo. Había moito tempo que non a vía tan leda e axiña comezamos a preparar a viaxe: ela, a súa 

filla 

e 

máis eu.

Screen Shot 2018-05-14 at 11.10.11
photo_camera María Victoria Moreno retratada por Pedro Ferriol na Habana. [Foto do arquivo familiar]

Cando chegou, e despois dun cariñoso recibimento, falou agradecendo o premio e dicindo o 

que significaba para ela. As verbas que sempre me quedarán gravadas foron as seguintes: “Con este premio cérrase un ciclo vital na miña vida”, unha premonición dado o avanzado estado da súa doenza. Cómpre lembrar que estaba a falar o 28  de 

agosto de 

2005 

e 

ela finou 

o 22 de novembro dese mesmo ano, apenas tres meses despois.

Screen Shot 2018-05-14 at 11.21.43

 

Esta 

foto 

ten persoalmente un duplo significado para min porque aquela época en que recibiu o seu premio literario sería a súa última aparición pública e a pesar de sentir xa os síntomas da súa enfermidade e ver diminuídas as súas forzas mostrouse eufórica e moi contenta polo recoñecemento que recibira. Por outra banda, esta foto e outras que  

lle fixemos ese  
día serían 

as últimas que se lle fixeron en vida [entre elas, a que aparece á esquerda destas liñas]. Desde entón esta foto 

é a que me acompaña no despacho onde traballo cada día no meu quefacer literario.
 

Canto estraño aqueles momentos nos que acompañaba a miña esposa á presentación dos seus libros ou a calquera actividade literaria que compartiamos! De feito, despois do seu falecemento asistín a moitos actos pero sempre botei de menos a súa presenza, aínda que a sentirei ao meu carón en cantas reunións asista.

Esta outra foto [a que ilustra estas liñas na parte superior da páxina] foi tomada por min na nosa lúa de mel, sentada ela nunha terraza do casco histórico da cidade da Habana, xunto ao 

emblemático 

edificio 

da 

Lonja 

del 

Comercio, 

na primavera do ano 2003.

Anos antes atopei nun andel da miña casa o libro Leonardo y los Fontaneros. Nunca souben como chegou ese libro até a miña casa pero por curiosidade comeceino a ler. Logo de volver lelo dúas veces máis, decidín poñerme en contacto coa editorial para expresarlle a emoción que sentín xa que o cúmulo de ideas e sentimentos que transmitía era incrible e necesitaba que lle chegase a miña felicitación por tan fermoso libro. A editorial reenvioulle a ela a miña mensaxe e, nese intre, comezou unha fermosa amizade que co tempo acabou nun profundo amor.

Por desgraza foi moi pouco o tempo que puiden pasar con ela, porque a levou o cancro, mais podo dicir que foi moi intenso e que o gozamos plenamente non só na parte sentimental, pois ela foi a muller máis extraordinaria que coñecín e re- sultoume moi sinxelo amala, mais tamén porque puiden aprender dela como escritora e traballar ao seu lado. Ela sempre comentaba que cando estabamos xuntos o ordenador “botaba lume” de tanto traballar. Ademais, ensinoume leccións de nobres sentimentos, o amor a esta terra e a súa alta conciencia social cara os máis desfavorecidos. En resumo, o seu grande contido humano convertíaa nunha muller excepcional.

Pedro Ferriol, escritor, é o viúvo de María Victoria Moreno.

Este texto viu a luz no A Fondo dedicado á María Victoria Morena que coordenou Ánxela Lema, do colectivo A Sega, e que se publicou a 25 de xuño de 2015. O caderno monográfico levou como título xenérico 'María Victoria Moreno: das galegas nas letras".

 

Comentarios