Queres ver filmes e series en galego? A Mesa lanza 'Pipocas', un catálogo con toda a oferta dispoñíbel

Esta cuarta feira a entidade pola defesa da lingua sacou á luz 'Pipocas' con máis de 100 títulos dispoñíbeis.
A Mesa lanzo pipocas esta cuarta feira (Foto: Nós Diario).
photo_camera A Mesa lanzo pipocas esta cuarta feira (Foto: Nós Diario).

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou esta cuarta feira 'Pipocas', un catálogo web que recolle todas as películas e series dobradas ou lexendadas en galego e que redirixe aos usuarios á plataforma na cal está cada título.

Máis de 100 títulos

No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos.

Desde a Mesa asegúrase que será actualizado de maneira permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera filme ou serie.

Unha demanda popular

"Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua", explica o responsábel de comunicación da Mesa, Carlos Vieito, "especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para crianzas hai en galego nestas plataformas".

"Desde hoxe, as familias con nenos xa teñen un lugar onde ver películas de animación na nosa lingua", apunta Vieito.

Podes consultar o catálogo de 'Pipocas' premendo nesta ligazón.

Comentarios