Palabras con memoria: con pelos na lingua

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Úsase 'derremuño' para os remuíños que se forman no cabelo (Foto: mstudio / Adobe Stock).
photo_camera Úsase 'derremuño' para os remuíños que se forman no cabelo (Foto: mstudio / Adobe Stock).

carapito.- Trenza do pelo.

Lugar de escoita.- Carnota (A Coruña).

Fonte.- Mar Llinares García.

 derremuño.- (Ademais de significados xa rexistrados) Remuíños que se forman no cabelo.

Lugar de escoita.- Buxantes (Dumbría).

Fonte.- María Canosa.

fosco.- (Ademais de significados xa rexistrados) Aplicado ao cabelo, que non é totalmente lacio, pero tampouco crecho; que colle forma con facilidade.

Lugar de escoita.- Bembibre (Val do Dubra).

Fonte.- Hortensia Vázquez.

periquete.- (Ademais doutros significados) pelo curto atado cunha goma ou cinta.

Lugar de escoita.- Negreira (A Coruña).

Fonte.- Carmen Souto Negrete.

piricacho.- Chicho que se lle fai no pelo ás nenas.

Lugar de escoita.- O Grove.

Fonte.- Emilia Lamelas.

Comentarios