Do "xa era hora" de Touriñán ao "paso de xigante" para 'Pauleta': medio cento de personalidades, en apoio do galego no Congreso

O manifesto Queremos galego tamén no Congreso, impulsado por medio cento de voces de diferentes ámbitos da sociedade galega, apoia a oficialidade da lingua na Cámara Baixa española e critica a postura do PP, ao que emprazan a rectificar a súa oposición a este dereito.
combo
photo_camera Tanxugueiras, Touriñán, Victor Freixanes, 'Pauleta', Ledicia Costas e Elena Ferro, entre as asinantes do manifesto.

A oficialidade do galego no Congreso é un importante avanzo que “permitirá achegar a nosa lingua a un ámbito institucional onde até o de agora non estaba permitido o seu emprego”. Así comeza Queremos galego tamén no Congreso, o manifesto publicado esta cuarta feira e impulsado por medio cento de nomes dos diversos ámbitos da sociedade galega, desde o deporte até a música, desde a universidade e o sindicalismo ao xornalismo, a literatura ou o cinema e o teatro, pasando pola xudicatura, a defensa da lingua ou a artesanía. Un amplo abano de voces que partillan a defensa de dereitos para o galego. 

O actor e presentador Xosé Antonio Touriñán figura entre o medio cento de persoas que impulsan o manifesto que se deu a coñecer onte. "Xa ía sendo hora de que fose posíbel falar galego no Congreso", afirma en conversa con Nós Diario. Touriñán responde cun contundente "por suposto" cando se lle pregunta sobre o seu apoio á oficialidade do galego no Congreso. Esta oficialidade, indica, "é un pasazo adiante e unha pasada". O popular actor di que "xa ía sendo hora de que se recoñecese esa pluralidade de culturas e linguas" que hai no Estado español, de que esa existencia de varios idiomas "tamén se plasme no Congreso". Para Touriñán esa diversidade lingüística é unha "riqueza" a en valor e a defender "fronte a esa xente que sempre se ofenden por estas cousas". 

Tamén asina o manifesto Queremos Galego tamén no Congreso Paula Domínguez, 'Pauleta', xogadora do fútbol e capitá do Benfica, que considera a oficialidade do galego no Congreso "un paso de xigante" para axudar a normalizar o idioma. "É unha lingua oficial, e como tal tamén debe de estar no Congreso, e plasmar así unha diversidade de idiomas e culturas que existe" no Estado, afirma a deportista a Nós Diario, que destaca o seu orgullo "como galega e como galegofalate" por este avance nos dereitos lingüísticos. 

festo parabenizan que o galego sexa oficial na Cámara Baixa española, lembrando que a situación existente até o de agora era unha “anomalía democrática” que vén de ser corrixida, “o que non podemos máis que valorar positivamente”. 

No manifesto tamén se fai un chamado aos deputados e deputadas galegas no Congreso a empregar a partir de agora a lingua propia da Galiza "en todas" as súas intervencións nesa cámara, en todas elas, como mostra de “compromiso co país” e paso cara ao seu “prestixio e normalización”. 

Por último, as asinantes mostran a súa disconformidade co posicionamento do Partido Popular, contrario a que o galego sexa oficial no Congreso. Unha decisión, indican no texto, "dolorosa". "É o PP quen mantén o Goberno galego que ten entre as súas obrigas, segundo se desprende do noso Estatuto de Autonomía, a de potenciar a súa presenza e uso en todos os ámbitos”. Neste sentido, emprazan o PP a cambiar a súa posición e que "se sume ao resto de forzas para apoiar esta modificación do Regulamento”.

Asinantes

Asinan o manifesto escritores como Manuel Rivas, Vitor Vaqueiro, Suso de Toro, Xabier Queipo, Ledicia Costas, Marica Campo, Marga do Val, Pilar García Negro, María Reimóndez, Ana Romaní ou Carlos Negro; os ex reitores universitarios José María Barja, Xosé Luis Armesto, Juan Viaño ou Salustiano Mato; deportistas como Marta Bobo, César Veloso, Paula Domínguez 'Pauleta', Mercé Barrientos, Cristina Fernández ou Alba Cuba; nomes do cinema e artes escénicas como Isabel Nabeira, Isabel Risco, Paula Carballeira, Quico Cadaval, Xosé A. Touriñán, Margarita Ledo ou Iria Sobrado; do xornalismo, como Xoán Costa, María Obelleiro, David Lombao, Carlos Amoedo, Xurxo Salgado ou Fernanda Tabarés e da música, como Tanxugueiras, Xabier Díaz ou Uxía Senlle.

Ademais, asinan os presidentes da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; da Mesa, Marcos Maceira; da AELG, Cesáreo Sánchez; de Vía Galega, Anxo Louzao; da AS-PG, Patricia Varela; de Galiza Cultura, Xosé Manuel Carril; de Irmandade Xurídica Galega,  Dalia Dopazo, e da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, a zoqueira Elena Ferro, a arqueóloga Isabel Filgueiras, o humorista gráfico Xaquín Marín, o pintor Leandro Lamas e Almudena Marcos, do Museo do Humor de Fene, completan a lista impulsora.

Touriñán: "Xa ía sendo hora de que fose posíbel"

O actor e presentador Xosé Antonio Touriñán figura entre o medio cento de persoas que impulsan o manifesto que se deu a coñecer onte. "Xa ía sendo hora de que fose posíbel falar galego no Congreso", afirma en conversa con Nós Diario. Touriñán responde cun contundente "por suposto" cando se lle pregunta sobre o seu apoio á oficialidade do galego no Congreso. Esta oficialidade, indica, "é un pasazo adiante e unha pasada". O popular actor di que "xa ía sendo hora de que se recoñecese esa pluralidade de culturas e linguas" que hai no Estado español, de que esa existencia de varios idiomas "tamén se plasme no Congreso". Para Touriñán esa diversidade lingüística é unha "riqueza" a en valor e a defender "fronte a esa xente que sempre se ofenden por estas cousas".

Pauleta: "É un paso de xigante, estou orgullosa como galegofalante"

Tamén asina o manifesto Queremos Galego tamén no Congreso Paula Domínguez, 'Pauleta', xogadora do fútbol e capitá do Benfica, que considera a oficialidade do galego no Congreso "un paso de xigante" para axudar a normalizar o idioma. "É unha lingua oficial, e como tal tamén debe de estar no Congreso, e plasmar así unha diversidade de idiomas e culturas que existe" no Estado, afirma a deportista a Nós Diario, que destaca o seu orgullo "como galega e como galegofalante" por este avance nos dereitos lingüísticos.

Comentarios