Ana Miranda insta o Goberno español a cumprir a directiva europea do audiovisual

"É imprescindíbel corrixir a discriminación do galego", sinalou nunha roda conxunta con representantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC); da Mesa pola Normalización Lingúística e da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).
Ana Miranda durante unha intervención no Parlamento Europeo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Ana Miranda durante unha intervención no Parlamento Europeo. (Foto: Nós Diario)

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, instou ao Goberno español a cumprir o informe sobre a aplicación da directiva de servizos de comunicación audiovisual, aprobado esta terza feira na Eurocámara, á vez que critica a "aplicación tardía" no Estado español da transposición desta lei europea.

Nun comunicado, avanza que trasladará a necesidade de cumprir esta directiva á Presidencia española da Unión Europea que comeza no mes de xuño.

“Corrixir a discriminación”

"É imprescindíbel corrixir a discriminación do galego", sinalou nunha roda conxunta con representantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC); da Mesa pola Normalización Lingúística e da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

Miranda destacou, ademais, o "gran traballo" desenvolvido por todas as asociacións implicadas, boa parte delas participantes no Intergrupo de Linguas que se desenvolveu na Eurocámara o pasado mes de abril.

Emendas

Por outra parte, aludiu á defensa do galego na comisión de cultura do Parlamento europeo, "a través do noso grupo mediante a presentación de dúas emendas".

Comentarios