En 6º de Educación Infantil: 8 libros en castelán, 1 en inglés e 0 en galego

A lingua galega desempeña un papel residual na Educación Infantil, onde semella ser un idioma estranxeiro en vez do propio. Para mostra, o material didáctico que se emprega, de maneira maioritaria, en 6º de Infantil.

EuropaPress_3290604_monitorizacion_continua_calidad_aire_aulas_educacion_infantil
photo_camera Aula de Ensino Infantil (Imaxe: Europa Press).

A exemplo 1principios de mes, un pai amosaba o seu malestar nas redes sociais ao expresar os libros que tiña que comprarlle ao fillo, que cursa 6º de Infantil. “Libros de texto que temos que mercar: en castelán, 8; en inglés, 1; en galego, cero”.

Esta é a realidade da gran maioría de CEIP, a pesar de que entre os obxectivos da Educación Infantil atópase “desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión” e “iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas e achegarse á lectura e escritura como medio de comunicación, información e gozo”.

Ademais, a respecto da área de “Linguaxes: comunicación e representación”, recóllese “comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais valorándoas como ferramentas de relación cos demais”. Un obxectivo difícil de cumprir atendendo ao material didáctico que abunda nestas aulas.

Un estudo publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística en 2017 evidenciaba que o 76% dos centros escolares empregaban de maneira maioritaria ou exclusiva o castelán na primeira etapa, a de 3 a 6 anos.

exemplo 2Case o 40% dos centros que responderon a enquisa da asociación recoñeceron que usaban exclusivamente o castelán; outro 33% afirmaba usar de maneira maioritaria o castelán e un 19,4% dicía que o uso entre galego e castelán era do 50%. Só o 8,5% utilizaba máis o galego que o castelán nesta etapa educativa.

A falta de material didáctico en galego é unha constante na Educación Infantil e, segundo o citado estudo, constan entre as editoriais máis empregadas con material en galego: SM, Xerais e Santillana. A respecto dos contos, os máis empregados son os de Kalandraka, OQO e Os Bolechas. “Salientamos que moitos centros demandan máis facilidade para conseguir material en galego por parte da Xunta da Galiza”, recollía o informe.

O Consello de Europa ratifica esta realidade. No seu informe do 5º ciclo de avaliación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, publicado en 2021, demóstrase o incumprimento a respecto do galego dalgúns dos compromisos adquiridos pola Xunta como polo Goberno estatal para garantir a súa presenza e uso na xustiza e no ensino.

Observa barreiras “en todos os niveis educativos”, malia pedir eliminalas en pasados informes, e advirte de que só 23,9% de menores de 15 anos son quen de se expresaren no idioma propio da Galiza.

Exemplo 3Incide, ademais, na “escasa presenza do galego na Educación Infantil” e na “privación de recursos didácticos” na lingua propia. Unha situación agravada polo Decreto 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario da Galiza.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, só un 2,9% aprende a falar galego na infancia e, segundo a Real Academia Galega, un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con "escasa competencia" en galego. Uns datos que deberían facernos pensar.

Comentarios