Unha caravana de autobuses protesta contra a Xunta polas adxudicacións do transporte

Galibus denuncia no xulgado "vinculacións" entre Tema Ingenieria SL e o grupo Monbus.

Antiga estación de autobuses de Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press)
photo_camera Autobuses de Monbus estacionados en Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press).

Unha caravana de máis de 70 vehículos percorreu onte a ruta desde Vigo a Santiago de Compostela para rematar rodeando a sede da Xunta da Galiza en San Caetano en protesta polas concesións das liñas regulares de transporte da Administración galega.

Fernando García, voceiro da Asociación de Viaxeiros por Estradas 'Galibus', entidade convocante da mobilización e que engloba unha vintena de empresas de transporte, sinalou ao remate da protesta que "a Xunta da Galiza debe obrigar as empresas concesionarias dos servizos regulares ou do transporte escolar a cumprir as condicións fixadas das adxudicacións".

Nesta liña, Fernando García denunciou que o Goberno galego "está permitindo o incumprimento flagrante das condicións de contrato fixadas nas diferentes concesións" e criticou que "emprega diferentes criterios á hora de actuar en función da empresa que sexa".

"Non pode ser que a Xunta mire para outro lado á hora de facerlle cumprir a lei ás empresas participadas polo grupo Monbus", destacou García.

As críticas de Galibus dirixíronse tamén ás sociedades encargadas de elaborar as bases das concesións do servizo de transporte e de controlar o correcto funcionamento das mesmas.

O Goberno galego ten externalizado todo o proceso de contratación e adxudicación das liñas de transporte regular e escolar na compañía Iplan Mobilidade, una sociedade constituída en 2013, de cuxo capital fai parte desde 2015 Tema Grupo Consultor.

Os xuristas da Asociación Empresarial de Transportes de Viaxeiros por Estrada da Galiza teñen denunciado as supostas conexións entre estas empresas e o grupo Monbus. Así, sinalan na demanda que "existen vinculacións entre Tema Ingenieria, SL e o grupo Monbus. O grupo coñecía de antemán as condicións da licitación, o que o colocou nunha situación privilexiada para preparar as UTE [Unión Temporal de Empresas] e cumprir -ou tentar cumprir- os requirimentos dos PPT [Pregos de Prescricións Técnicas]".

Aliás,Fernando García censurou tamén que Monbus acuda ás licitacións en forma de UTE, "con outras pemes que acaba absorbendo, co fin de controlar o sector e nunha clara situación de oligopolio que impide a libre competencia e prexudica os usuarios". A situación da pequena e mediana empresa "é dramática", engadiu.

Por último, o voceiro de Galibus anunciou novas iniciativa

Comentarios