A Asociación Galega de Viticultura pon en valor a IXP Terras do Navia

A indicación xeográfica foi recoñecida este ano.
Xornada da IXP Terras de Navia en Negueira de Muñiz (Foto: Nós Diario).
photo_camera Xornada da IXP Terras de Navia en Negueira de Muñiz (Foto: Nós Diario).

A Asociación Galega de Viticultura (AGV), organización que está integrada na Federación Rural Galega (Fruga), realizou varias actividades ao longo do ano para apoiar os viños das Terras do Navia, "un terreo esquecido, mais moi valioso".

Dentro dun convenio coa área de Medio Rural da Deputación de Lugo, para fechar o ano, o 2 de decembro decorreu en Negueira de Muñiz (comarca da Fonsagrada) un Encontro Adegueiro, no que participaron diversas adegas de todas as zonas vitivinícolas galegas.

Despois dunha conferencia do sumiller Miguel Anxo Besada e dun túnel do viño con variedades e elaboracións especiais, tivo lugar unha mesa redonda final onde varias persoas que foron importantes para a creación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) debateron sobre o futuro dos viños galegos.

Previamente, a finais de setembro, os xardíns do Pazo de San Marcos, en Lugo, foron testemuña da posta de largo da  IXP Terras do Navia, recoñecida desde febreiro deste ano, nunha cata que foi conducida polo sumiller Martiño Santos e o enólogo Roberto Regal.

Comentarios