A nación dos mil viños: Os viños de Galifornia

Rematamos a viaxe pola xeografía dos viños da Galiza nas zonas de produción máis cálidas, na franxa oriental de influencia climática continental, con temperaturas máis altas no período de maduración das uvas nas viñas. Tamén rematamos con proxectos de futuro que incorporamos aquí. Das terras do Navia xa temos viños no mercado e pronto será nova indicación xeográfica protexida. E da Baixa Limia falamos para alentar o seu rexurdimento vitivinícola.
Navia e Baixa Limia son novas protagonistas da recuperación de zonas vitícolas históricas (Ilustración: Toño Núñez Amigo-Rivadulla).
photo_camera Navia e Baixa Limia son novas protagonistas da recuperación de zonas vitícolas históricas (Ilustración: Toño Núñez Amigo-Rivadulla).
Comentarios