O PSdeG denuncia ante a Xunta Electoral 'carretaxe' de votos nun asilo de Lugo

Varias fotografías mostran como monxas dun asilo de Lugo introducen a papeleta de votación nos petos de persoas maiores. 
Papeletas de voto (Foto: Nós Diario).
photo_camera Papeletas de voto (Foto: Nós Diario).

A agrupación do PSdeG de Lugo presentou este domingo unha denuncia ante a Xunta Electoral por un suposto caso de 'carretaxe' de votos nun asilo de Lugo.

Tal e como informaron nas súas propias redes sociais, a agrupación faise eco dunha información adiantada por eldiario.es na que se trasladan a persoas maiores ao colexio de votación.

Nesta caso, afírmase que monxas dun asilo de Lugo foron fotografadas introducindo a papeleta no peto das propias persoas maiores aos que levaban a votar.

A situación decorreu na mañá deste domingo, pouco antes das once, e quedaron captadas en en varias fotografías.

A agrupación socialista lembra que un xulgado de Lugo xa ditaminou en 2017 que nese centro exercíase 'carretaxe'.

A Xustiza, daquela, arquivouno ao considerarse que os feitos "non encaixaban con ningún ilícito delituoso".

Nelas móstrase unha relixiosa do centro introducindo un sobre de votación no peto da chaqueta dunha persoa maior, tras saír do edificio cara ao colexio electoral.

Comentarios