28-M

Formoso anima a gozar das eleccións "con paixón e respecto por todas as formacións"

O líder socialista lembrou, nunhas declaracións despois de votar, que este dereito "non sempre estivo garantido" polo que animou a exercelo "por aqueles que o deron todo".
Valentín González Formoso votando nas Pontes (Foto: nós Diario).
photo_camera Valentín González Formoso votando nas Pontes (Foto: nós Diario).

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, animou a todas as galegas e galegos a votar este 28 de maio e a "gozar con paixón, normalidade e con respecto por todas as formacións políticas".

Tras depositar o seu voto nas Pontes, Formoso reivindicou o que para el é "un día de celebración".

"A festa da democracia, na que expresar o seu sentimento político, as súas conviccións, de forma tranquila", comentou.

O secretario dos socialistas galegos lembrou que houbo tempos nos que "non sempre se tivo a oportunidade de ir votar", motivo polo que fixo un chamamento á participación.

"A cidadanía é madura, solvente e responsable", asegurou o líder socialista, "sabe que o dereito a voto é máis unha obriga", engadiu.

Para Formoso "a posibilidade de cambiar o país, o municipio, tense que concretar metendo un papel nunha urna".

Neste sentido, lembrou que este dereito "non sempre estivo garantido" polo que "por aqueles que o deron todo para garantir o dereito para votar, temos que buscar un oco e cumprir co pasado, o presente e o futuro do país", argumentou.

Comentarios